PONTEAREAS
O PSOE corrixe ao PP e asegura que "o PXOM recolle un gran parking"
Chus Garrote declara que o seu proxecto é ampliar o número de prazas de aparcamento en zonas estratéxicas para que haxa un tráfico rodado sostible no centro da cidade
O PSOE de Ponteareas desminte ao Partido Popular e asegura que Belén Villar" mentiu publicamente aos veciños ao calificar de parche temporal o parking de granitos cando o PXOM prevé un aparcamento soterrado e en superficie ademáis da praza peonil".
Chus Garrote considera que "a edil do Partido Popular actuou de mala fe e mentiu intencionadamente para desprestixiar a boa xestión do goberno municipal. Neste senso, a tenente de alcalde e candidata socialista explica que o parking de granitos forma parte do modelo e estratexia de mobilidade sostible que defende o Partido Socialista de Ponteareas".
Chus Garrote adianta que" o parking non será o único que se constrúa en Ponteareas. Para isto o goberno atópase en negociacións coa Xunta de Galicia para a cesión dos terreos do actual campo de fútbol do Colexio Virxe dos Remedios para articulación dun novo aparcamento semisoterrado. A cambio desta cesión, o goberno ten contemplado no seu proxecto substituir o vello campo de fútbol de terra por un novo moito máis moderno, o que supón unha mellora das instalacións deportivas do colexio.".
Chus Garrote lamenta "que Belén Villar siga empeñada en defender o proxecto de parking subterráneo na Praza Bugallal cando ningunha empresa se quixo facer cargo del ao ser inviable economicamente (5 millóns de euros). Neste senso, a edil socialista recorda que o Parking que defende o PP sería de pago e que o prezo de cada praza de aparcamento sería 5 veces superior ao prezo medio de mercado, ao redor dos 18.000 euros".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163