Sábado, 14 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 10 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Festival de Cans abre convocatoria a concurso e aumenta a dotación dos seus premios

A inscripción será este ano gratuita e estará aberta ata o 3 de marzo, tendo todos os premios dotación económica por vez primeira na historia do festival

En Cans xa se traballa para a XVI edición do Festival, que este ano se celebrará entre o mércores 22 e o sábado 25 de maio. A partir de hoxe, martes 8 de xaneiro, o Festival abre o período de recepción de obras para os seus recoñecidos concursos de curtametraxes (ficción, animación, non ficción) e  de videoclips, aínda que tamén estará aberto a recibir longametraxes ou outro tipo de obras para formar parte da programación do resto de seccións do festival.

 

A inscripción poderase realizar de xeito totalmente gratuito a través da web do Festival de Cans, www.festivaldecans.gal e o prazo de inscripción estará aberto preto de dous meses, ata o domingo 3 de marzo.

 

Por vez primeira nos dezaseis anos de historia do festival, todos os premios terán dotación económica, ata chegar á cifra total de 8.900 euros, o que supón un aumento de mil euros con respecto á pasada edición. A partir desta edición o premio do Xurado dos veciños e veciñas terá dotación económica e, ademais, comezará a recoñecerse tamén a mellor dirección de fotografía das obras a concurso coa finalidade de estimular unha interesante xeración de profesionais que está a emerxer.

 

 

 

 

Súmase un novo premio para a mellor dirección de fotografía, un xeito de estimular una nova e ineteresante xeneración de profesionais que está a emerxer

 

 

 

 

A organización considera que é un esforzo que debe asumir, e ratifica así o seu compromiso co apoio e promoción de novas creadoras e creadores, aos que irá destinada esta dotación económica. Deste xeito, os distintos xurados e o público do Festival outorgarán un total de trece Cans de Pedra, o singular galardón do festival, que este ano irá acompañado de premios en metálico en todas as categorías.

 

O máis relevante será o Premio do Xurado á Mellor curta de ficción dotado con 2.000 euros, seguido do Premio do público á mellor curta e o Premio do Xurado á Mellor curtametraxe de animación, dotados con 1.500 euros cada un. Ademais, Cans mantén a súa aposta pola categoría de non-ficción, denominada Furacáns, que terá un premio otorgado polo xurado de 1.000 euros. Na pasada edición, a inclusión desta categoría que premia as narrativas cinematográficas máis arriscadas, supuxo un enorme éxito e desde a organización agárdase que continúe medrando nesta edición. O Premio do Xurado ao Mellor videoclip estará dotado con 500 euros, e o Premio do público ao mellor videoclip con 300 euros. O resto das categorías premiadas, terán todas unha dotación de 300 euros: Mellor interpretación femenina, Mellor interpretación masculina, Mellor banda sonora orixinal, Mellor realización, Mellor guión, Mellor curtametraxe (elixida polo xurado das veciñas e veciños) e Mellor dirección de fotografía, que se incorpora nesta edición.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.