Viernes, 10 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 22:24:56 horas

Xornal21.es
Jueves, 10 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Garrote defende a execución da variante

A tenente de alcalde de Ponteareas Chus Garrote, vén de reafirmar "o seu compromiso cos veciños e veciñas de Ponteareas" e especialmente coa plataforma de afectados pola N-120 para que "se executen o antes posible as obras da variante que leva tantos anos esperando a vila do Tea".

 

Para o Partido Socialista de Ponteareas, "o Estado ten unha débeda histórica co Concello de Ponteareas e coas parroquias de Xinzo, Arnoso e Areas así como cos seus veciñas e veciñas". “Os consecutivos gobernos de PP e ACIP xamais defenderon unha saídas e entradas por estrada dignas para Ponteareas cando se realizou a A-52” sinala Chus Garrote.

 

Ante isto, Chus Garrote considera necesario que "a Xunta asuma canto antes a súa responsabilidade para a redacción do proxecto, sen o cal non se coñecerán os custes reais nin do proxecto nin se poderán executar as obras da variante".

 

Neste senso a líder socialista recorda que "no 2017 foi precisamente a Xunta de Galicia quen presentou un primeiro borrador de convenio por un importe de 7 millóns de euros do cal o goberno de Mariano Rajoy se desentendeu". “O Partido Popular, xa desde a Xunta como desde o goberno de España, sempre buscou un parapeto para paralizar as obras da circunvalación” afirma Chus Garrote.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.