MUNDO EMPRESA
Conde avoga por que o emprego inclusivo sexa unha realidade en todas as empresas galegas
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta semana en Ribeira na presentación do proxecto ‘i-Work: creación dunha cultura de emprego inclusivo na comarca do Barbanza’ impulsado pola Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional e apoiada pola Xunta, as Fundacións Repsol e La Caixa e os concellos da zona
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, avogou esta semana, durante a presentación do proxecto pioneiro i-Work: creación dunha cultura de emprego inclusivo na comarca do Barbanza, por que este tipo de emprego sexa unha realidade en todas as empresas galegas.
Dentro desta aposta, o Goberno galego, xunto coas Fundacións Repsol e La Caixa e concellos da zona, apoian o proxecto i-Work, impulsado pola Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional e que ten por obxectivo avanzar na integración deste colectivo mellorando a súa inserción laboral nas empresas do Barbanza. Para logralo traballará no eido da sensibilización, información e formación dos profesionais das empresas, especialmente directivos e responsables dos procesos de contratación, co obxectivo de mellorar a percepción social da diversidade. Entre outras cuestións, ofrecerán asesoramento para crear procesos de selección máis accesibles nas empresas ou para adaptar os postos de traballo.
Conde sinalou que o emprego que vén está marcado polo uso das novas tecnoloxías e a adaptación das empresas e dos traballadores tanto á dixitalización como ás novas demandas da sociedade cambiante, polo que ademais de traballar para impulsar a innovación, o talento, a formación ou a internacionalización, hai que apostar polos traballadores, “as persoas e as súas diferentes capacidades e habilidades serán as protagonistas do cambio”, asegurou.
A iniciativa pretende mellorar a percepción social da diversidade e ofrecerá obradoiros e asesoramento para crear procesos de selección máis accesibles ou para adaptar os postos de traballo
Neste sentido, considera prioritario traballar no eido da igualdade e a inclusión para lograr máis emprego para Galicia. Así lembrou que a Xunta está impulsando a formación e capacitación deste colectivo conxugando as necesidade das empresas coas das persoas con capacidades diferentes.
En 2019, o orzamento da Consellería de Economía, Emprego e Industria reserva unha partida de 15M€ para apoios para os centros especiais de emprego, un novo programa dual destinado a este colectivo, así como axudas á contratación na empresa. Tamén se seguirá facendo fincapé no colectivo de persoas en risco de inclusión, polo que se primará a creación de postos de traballo para os que máis o precisan.
O conselleiro finalizou pedindo unidade e coordinación entre Administración, tecido empresarial e entidades para traballar na mesma dirección e facer do emprego inclusivo a regra e non a excepción. Neste espírito de colaboración e de traballo en equipo destacou que na comarca tres concellos –Ribeira, Boiro e Rianxo- son emprendedores.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217