O Concello de Nigrán ofrece este venres 11 de xaneiro dende as 18:00 horas no Auditorio Municipal o “I Foro sobre os Dereitos das persoas con diversidade funcional”, xornada que se enmarca no programa “Un Nigrán para todos”. Deste xeito, expertos en todos os campos da integración e da accesibilidade analizarán polo miudo , e entre outros aspectos, a aprobación polo Congreso e o Senado o pasado mes de decembro da modificación da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG) que garantizará o dereito de sufraxio das persoas con discapacidade (na práctica supón que máis de 100.000 persoas en toda España con discapacidade recuperan seu dereito ao voto).
Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.