MUNDO EMPRESA
Enxendra Technologies compra Besepa, a fintech española que simplifica os procesos de pago e cobro de empresas e organizacións
Enxendra Technologies, empresa galega de firma dixital e facturación electrónica, adquire Besepa có obxectivo de dixitalizar integramente o proceso de negocio dos seus clientes
Ángel Aparicio, Socio de Enxendra Technologies, e Alberto Molpeceres, CEO de Besepa, asinando o acordo de venta
A empresa especializada en xestións bancarias de empresas e organizacións, Besepa, foi adquirida por Enxendra Technologies. O acordo de compra oficializouse nos últimos días e xa se está procedendo á integración de ámbolos dous negocios.
Besepa, empresa participada por inversores de referencia no sector TIC como Cabiedes & Partners e François Derbaix, pasa a integrarse en Enxendra, empresa con sede na Coruña e Madrid que desenvolveu o produto Docuten, unha plataforma de facturación e firma electrónica, que usan grandes empresas como Desigual ou o Grupo Planeta para dixitalizar o intercambio de documentos, tales como contratos laborais, mercantís e o proceso de facturación.
A solución de pago de Besepa integrarase cos servizos de Docuten, a primeira plataforma do mercado que ofrece conxuntamente firma dixital e factura electrónica. Como afirma o CEO de Enxendra Technologies, Brais Méndez, “Grazas á compra de Besepa afondamos na diferenciación de Docuten, cubrindo as necesidades de dixitalización de todo o ciclo de negocio das organizacións. Os clientes pedíannos en moitas ocasións estes servizos. E, certamente, é natural debido á estreita relación que existe entre a facturación e os pagos. Agora poderemos prestar servizos propios dunha entidade de pagos.”
Deste xeito refórzase o obxectivo principal da compañía, crear solucións que faciliten o fluxo e automatización de todo o ciclo de documentos de negocio: contratos laborais, contratos mercantís, envío e recepción de facturas, e agora cobros e pago.
Esta adquisición tamén reforza un dos focos estratéxicos máis importantes para Enxendra Technologies para o ano 2019: a consolidación internacional do seu produto Docuten, “que se verá axilizada grazas a este novo servizo”, segundo o CEO da compañía. "Ata a data crecemos empregando unicamente recursos propios", apunta Brais Méndez. "Sen embargo, e de cara á expansión internacional da compañía, non descartamos nos vindeiros meses buscar aliados que nos permitan afrontar o proceso de internacionalización con maiores garantías".
A transformación dixital é o core indiscutible de ámbalas d compañías e é por isto que Alberto Molpeceres, CoFundador de Besepa, non dubida en explicar que “o que nos atraeu de Enxendra é que a súa proposta de valor está moi ligada ao núcleo do noso negocio. A integración de ambas corporacións aportará un valor engadido moi potente aos nosos clientes”. Alberto seguirá vinculado ao proxecto como Payment Product Manager.
Ángel Aparicio, Socio de Enxendra Technologies, e Alberto Molpeceres, CEO de Besepa, asinando o acordo de ventaA empresa especializada en xestións bancarias de empresas e organizacións, Besepa, foi adquirida por Enxendra Technologies. O acordo de compra oficializouse nos últimos días e xa se está procedendo á integración de ámbolos dous negocios.
Besepa, empresa participada por inversores de referencia no sector TIC como Cabiedes & Partners e François Derbaix, pasa a integrarse en Enxendra, empresa con sede na Coruña e Madrid que desenvolveu o produto Docuten, unha plataforma de facturación e firma electrónica, que usan grandes empresas como Desigual ou o Grupo Planeta para dixitalizar o intercambio de documentos, tales como contratos laborais, mercantís e o proceso de facturación.
A solución de pago de Besepa integrarase cos servizos de Docuten, a primeira plataforma do mercado que ofrece conxuntamente firma dixital e factura electrónica. Como afirma o CEO de Enxendra Technologies, Brais Méndez, “Grazas á compra de Besepa afondamos na diferenciación de Docuten, cubrindo as necesidades de dixitalización de todo o ciclo de negocio das organizacións. Os clientes pedíannos en moitas ocasións estes servizos. E, certamente, é natural debido á estreita relación que existe entre a facturación e os pagos. Agora poderemos prestar servizos propios dunha entidade de pagos.”
Deste xeito refórzase o obxectivo principal da compañía, crear solucións que faciliten o fluxo e automatización de todo o ciclo de documentos de negocio: contratos laborais, contratos mercantís, envío e recepción de facturas, e agora cobros e pago.
Esta adquisición tamén reforza un dos focos estratéxicos máis importantes para Enxendra Technologies para o ano 2019: a consolidación internacional do seu produto Docuten, “que se verá axilizada grazas a este novo servizo”, segundo o CEO da compañía. "Ata a data crecemos empregando unicamente recursos propios", apunta Brais Méndez. "Sen embargo, e de cara á expansión internacional da compañía, non descartamos nos vindeiros meses buscar aliados que nos permitan afrontar o proceso de internacionalización con maiores garantías".
A transformación dixital é o core indiscutible de ámbalas d compañías e é por isto que Alberto Molpeceres, CoFundador de Besepa, non dubida en explicar que “o que nos atraeu de Enxendra é que a súa proposta de valor está moi ligada ao núcleo do noso negocio. A integración de ambas corporacións aportará un valor engadido moi potente aos nosos clientes”. Alberto seguirá vinculado ao proxecto como Payment Product Manager.




















Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217