• Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia

Miércoles, 24 de Junio de 2026

Actualizada Martes, 23 de Junio de 2026 a las 20:21:41 horas

  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Roi Puga se alza con el triunfo en el concurso de dibujo de Augas do Louro en Mos

      Roi Puga se alza con el triunfo en el concurso de dibujo de Augas do Louro en Mos

    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Ponteareas licita las obras de asfaltado en Celeiros por más de 83.000 euros

      Ponteareas licita las obras de asfaltado en Celeiros por más de 83.000 euros

    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Las piscinas municipales de Tui abren este fin de semana con instalaciones renovadas y entrada online

      Las piscinas municipales de Tui abren este fin de semana con instalaciones renovadas y entrada online

    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • El PXOM de Nigrán se publica en la web nueve días antes del pleno para su aprobación

      El PXOM de Nigrán se publica en la web nueve días antes del pleno para su aprobación

    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Recomiendan extremar las precauciones ante la nueva ola de calor con temperaturas de hasta 40 grados

      Recomiendan extremar las precauciones ante la nueva ola de calor con temperaturas de hasta 40 grados

    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Sección A Louriña
    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Sección O Condado
    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Sección Baixo Miño
    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Sección Val Miñor
    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Sección Más Noticias
    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
  • Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21.es
Lunes, 14 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
GALICIA

Nace o Observatorio Eólico de Galicia

Será unha ferramenta de investigación, información, consulta e asesoramento para todos os axentes interesados na enerxía eólica en Galicia

A Fundación Juana de Vega, a Universidade de Vigo e a Fundación Isla Couto crean o Observatorio Eólico de Galicia, unha ferramenta de investigación, información, asesoramento e consulta para todas as persoas, empresas e colectivos interesados na enerxía eólica de Galicia. O Observatorio xurde dun convenio de colaboración asinado por Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Manuel Meixide, presidente da Fundación Isla Couto, e Enrique Sáez, presidente da Fundación Juana de Vega.


O observatorio terá por obxecto realizar investigacións sobre o sector eólico en Galicia co gallo de ofrecer información cuantitativa e cualitativa entre os axentes participantes, ademais de favorecer a transparencia dos procesos de ocupación de terreos destinados a parques eólicos e amosar os impactos positivos que a enerxía eólica xera no mundo rural.


Para iso, o Observatorio terá tres ámbitos de traballo. Servirá como repositorio de información legal, económica e ambiental dos parques eólicos, configurándose como un espazo aberto no que se poderá consultar información actualizada sobre os distintos aspectos ligados á enerxía eólica en Galicia, como a potencia instalada e a súa evolución, proxectos industriais vinculados, emprego e riqueza xerada na Comunidade. Neste ámbito tamén se prestará especial atención á recollida de información cualitativa e cuantitativa (prezos, prazos, cláusulas de contratos, expropiacións...) sobre os procesos de negociación entre propietarios de terreos eólicos e promotores, así como sobre o uso dado polos axentes rurais ás rendas xeradas dos parques eólicos.


O Observatorio tamén realizará estudos e análises socioeconómicas e institucionais da enerxía eólica, sobre todo relacionados cos procesos de negociación cos propietarios de terreos eólicos e a comparativa cos antecedentes galegos e con outros contextos xeográficos. Isto permitirá identificar boas prácticas que contribúan a mellorar os impactos sociais e económicos directos da enerxía eólica nas áreas rurais, contribuíndo a dinamizalas economicamente.

 

Por último, prestará asesoramento gratuíto aos axentes rurais que se atopen en procesos de negociación con promotores eólicos como mecanismo para fortalecer a súa posición negociadora e favorecer o incremento das rendas derivadas da actividade eólica nos espazos rurais. Precisamente esta preocupación conecta cunha das medidas recollida no ditame da Comisión de incendios forestais aprobada polo Parlamento de Galicia, tendente a favorecer a capacidade de negociación das Comunidades de Montes fronte ás empresas de produción de enerxía eólica.

 

Xavier Simón Fernández, profesor titular da Universidade de Vigo, pertencente ao departamento de Economía Aplicada e director do Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo, será o coordinador e investigador principal responsable do Observatorio.


Toda a información xerada no desenvolvemento do convenio, de conformidade cos obxectivos perseguidos polo Observatorio Eólico de Galicia, será publicada no portal web do Observatorio que se aloxará en servidores da Universidade de Vigo.


O custo total das actividades previstas no convenio de creación do Observatorio ascende a 50.000,00 euros, que serán achegados pola Fundación Juana de Vega e a Fundación Isla Couto, mentres que a Universidade de Vigo achega un valor económico en custos de persoal equivalente a 4.000,00 euros polos traballos de coordinación.

 

Antecedentes
A Fundación Juana de Vega e a Universidade de Vigo teñen traballado de maneira conxunta a prol do desenvolvemento rural de Galicia realizando traballos no eido da enerxía eólica. No ano 2011 subscribiron un convenio de colaboración para o desenvolvemento do proxecto de investigación Impacto económico e social da enerxía eólica no mundo rural galego, un amplo estudo que permitiu facer unha estimación das rendas que permanecían no rural pola instalación de parques eólicos e dos beneficios sociais (emprego, transferencias, convenios cos Concellos…) que revertían nos axentes rurais por mor destas instalacións. Ademais, tamén axudou a identificar iniciativas innovadoras, de natureza produtiva ou non produtiva, que desenvolvían os propietarios dos montes coas rendas recibidas da instalación de parques eólicos. Asemade, no ano 2013 ambas entidades asinaron outro convenio de colaboración para o Asesoramento económico, técnico e contractual nos procesos de instalación de parques eólicos en Galicia.


Estas colaboracións conxuntas, desenvolvidas co Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo, permitiu concluír que os propietarios de montes no rural galego percibían unhas rendas baixas (1,18%-1,5% do volume de facturación bruta do sector eólico) en relación coas que se reciben noutras comunidades autónomas pola instalación de parques eólicos (entre un 3 e un 6%), sendo, por tanto, a súa contribución ao desenvolvemento rural moi escasa en relación ao seu potencial. Así, a diferencia entre o 1,18% que se recibe en Galicia e o 3% de mínimo que reciben os propietarios de montes noutras Comunidades Autónomas, representa máis de 20 millóns de euros anuais que poderían reverter no rural de Galicia.

 

Noticia anterior:
A Praza de América inicia a súa reforma para converterse nunha zona "para vivir e pasear"
Noticia siguiente:
Caballero valora a capacidade de Barreras para construír novos cruceiros de Ritz-Carlton
Comentarios Accede para comentar como usuario
Comentar esta noticia Accede para comentar como usuario

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.87

Todavía no hay comentarios

Actualidad

Los españoles gastarán de media 1.257 euros este verano, un 3% más

Los españoles gastarán de media 1.257 euros este verano, un 3% más

Denuncian el retraso de España en adoptar el botón de desistimiento europeo

Denuncian el retraso de España en adoptar el botón de desistimiento europeo

ANECPLA alerta de la importancia del control sanitario de piscinas ante la ola de calor

ANECPLA alerta de la importancia del control sanitario de piscinas ante la ola de calor

Las playas inteligentes ya operan en Italia y empiezan a llegar a España

Las playas inteligentes ya operan en Italia y empiezan a llegar a España

Opinión

Personas con derechos

La reduflación: el arte de engañar sin mentir

Cuando la estética pesa más que el sentido común

Guía de Servicios

Publicidad

Servicios y Comercio en Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

986239244

Visitar web

Sucesos | Sociedad

La Guardia Civil sorprende a dos extranjeros usando dispositivos para copiar el examen de conducir

La Guardia Civil sorprende a dos extranjeros usando dispositivos para copiar el examen de conducir

Tres años y medio de cárcel a un lotero por quedarse con un boleto de la Primitiva de 4,7 millones

Tres años y medio de cárcel a un lotero por quedarse con un boleto de la Primitiva de 4,7 millones

Detenido por pintadas en la iglesia de Cambados que aludían a la Guardia Civil y a la UCO

Detenido por pintadas en la iglesia de Cambados que aludían a la Guardia Civil y a la UCO

Un juzgado de Santiago anula un crédito revolving de Cofidis

Un juzgado de Santiago anula un crédito revolving de Cofidis

Agenda

Junio 2026
LunMarMieJueVieSabDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     

Galicia

La Xunta impulsa la proyección internacional de Galicia como referente del cicloturismo en EE.UU.

La Xunta impulsa la proyección internacional de Galicia como referente del cicloturismo en EE.UU.

La Fundación Andrea, Esteban Batallán, Mar Capeáns, Adrián Ben y María Barallobre, Medallas Castelao 2026

La Fundación Andrea, Esteban Batallán, Mar Capeáns, Adrián Ben y María Barallobre, Medallas Castelao 2026

Provincia

Correos lanza en Pontevedra un sello conmemorativo del Camino de Santiago con la concha amarilla como protagonista

Correos lanza en Pontevedra un sello conmemorativo del Camino de Santiago con la concha amarilla como protagonista

Las rutas de baños de bosque de julio abren inscripciones este martes

Las rutas de baños de bosque de julio abren inscripciones este martes

Deportes

El Celta Fortuna, histórico ascenso a Segunda:

El Celta Fortuna, histórico ascenso a Segunda: "Una marca hecha en A Madroa"

El Club Ría de Betanzos se proclama vencedor del II Trofeo Piragüismo Vila de Portonovo

El Club Ría de Betanzos se proclama vencedor del II Trofeo Piragüismo Vila de Portonovo

La Copa Mörling llega este sábado a Cambados con la 'Fungona' como líder

La Copa Mörling llega este sábado a Cambados con la 'Fungona' como líder

Motor

Audi lanza el Nuvolari: su primer híbrido de altas prestaciones con 1.001 CV

Audi lanza el Nuvolari: su primer híbrido de altas prestaciones con 1.001 CV

Salud

Recomiendan extremar las precauciones ante la nueva ola de calor con temperaturas de hasta 40 grados

Recomiendan extremar las precauciones ante la nueva ola de calor con temperaturas de hasta 40 grados

El calor del verano puede agravar la boca seca en las personas mayores

El calor del verano puede agravar la boca seca en las personas mayores

El calor del verano puede agravar los sofocos durante la menopausia

El calor del verano puede agravar los sofocos durante la menopausia

Turismo

Más de 900 estudiantes visitaron el Xeoparque Cabo Ortegal durante el curso escolar

Más de 900 estudiantes visitaron el Xeoparque Cabo Ortegal durante el curso escolar

Hogar

Cómo facilitar el envejecimiento en las viviendas unifamiliares de Galicia

Cómo facilitar el envejecimiento en las viviendas unifamiliares de Galicia

Los hogares del futuro serán más saludables y adaptables, según un informe

Los hogares del futuro serán más saludables y adaptables, según un informe

La aerotermia ya no es cara: deducciones y ayudas reducen la inversión más de un 80%

La aerotermia ya no es cara: deducciones y ayudas reducen la inversión más de un 80%

Seguridad | Protección Civil

El Kit de Emergencia de 72 Horas: Europa se prepara ante una catástrofe

El Kit de Emergencia de 72 Horas: Europa se prepara ante una catástrofe

Cómo prepararse y actuar ante un apagón eléctrico masivo o prolongado

Cómo prepararse y actuar ante un apagón eléctrico masivo o prolongado

A Praza de América inicia a súa reforma para converterse nunha zona "para vivir e pasear"

Caballero valora a capacidade de Barreras para construír novos cruceiros de Ritz-Carlton

Portada

Directorio de servicios
Galicia Galicia
Provincia de Pontevedra
Concellos
Gestiones
Guía Comercial
Clasificados
  • Mas contenido de Xornal21:
  • Fotos de Lectores
  • Hemeroteca
  • Encuestas
  • Agenda
  • Nosotros | Gupo Xornal21
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
Xornal21 | Términos de uso | Protección de datos
© 2026 | Todos los derechos reservados

Accede a tu cuenta

Con tu cuenta registrada
Olvide mi contraseña

Resetear contraseña

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.

Volver a acceder