GALICIA
Tui completa a execución da sentenza xudicial sobre a pirotecnia La Gallega
Así llo comunicou ao Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Pontevedra unha vez rematou a demolición de todas as edificacións da instalación
O Concello de Tui notificou, a semana pasada, ao xulgado a finalización das obras de demolición da totalidade das edificacións que compoñían as instalacións da Pirotecnia en Baldráns dando así cumprimento total, antes do prazo, ao ordenado polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Pontevedra.
A execución das obras levouse a cabo cumprindo escrupulosamente o ordenado no auto, de data 16 de novembro de 2018, do citado xulgado, que sinalaba expresamente a obriga de demoler “todas as construcións obxecto do proxecto de legalización autorizado pola licenza de obras maiores anulada". Este proxecto, conforme, foi indicado no informe dos servizos técnicos municipais amparaba a totalidade das edificacións da instalación.
Dende o concello explican que "queda por tanto completada a execución da sentenza do ano 2014 do Xulgado".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122