Martes, 03 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 11 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Mos denuncia o "retraso das obras na estrada Puxeiros-Peinador"

Insta á Deputación Provincial de Pontevedra a que finalice de maneira inmediata os traballos de pintado e asfaltado

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Vías e Obras mosense, Luis Alonso, denuncian "o retraso nas obras da estrada Puxeiros-Peinador e o mal estado no que se atopan o firme e a sinalización horizontal (pintura) do vial".

 

As obras de mellora desta estrada comezaron en agosto "e aínda non se atopan rematadas, provocando o conseguinte e comprensible malestar veciñal, así coma numerosas queixas por parte da cidadanía mosense".

 

“O estado da estrada provincial 2603 Puxeiros-Peinador, que se atopa en fase de obras executadas pola Deputación Provincial de Pontevedra, como administración titular da mesma, atópase en condicións moi deficientes e a mellora do estado do firme, que se atopaba moi deteriorado, avanza moi lentamente”, lamentan os representantes municipais, Arévalo e Alonso, quenes informaron tamén de que “dende principios do mes de decembro está a estrada asfaltada nun tramo pero sen a sinalización horizontal e noutros tramos se realiza o fresado sen finalizar o asfaltado, provocando grande inseguridade e perigosidade para os vehículos que por alí transitan, ao tratarse dunha zona de moito tráfico de vehículos”.

 

Por todo elo dende o Concello de Mos "ínstase á Deputación Provincial de Pontevedra a que finalice de maneira inmediata os traballos de pintado e asfaltado tendo en conta a situación de inseguridade e perigosidade en que se atopa neste momento a estrada provincial". E dende a administración local mosense denúnciase "que, ademais, a administración provincial invadiu (sen necesidade) para a acometida destes traballos un espazo de titularidade municipal levantando a beirarrúa existente para substituíla por un material de cor amarelo que nada ten que ver co preexistente".

 

"Na visita que a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o deputado responsable de Mobilidade da Deputación de Pontevedra, Uxío Benítez, fixeran ás obras o pasado mes de outubro, anunciaban que o remate prevíase para o presente mes de xaneiro, algo inviable visto o actual estado das mesmas".

 

A actuación que se está a levar a cabo neste vial consiste na rehabilitación integral do firme da estrada, na instalación de sistemas de barreiras de seguridade para motociclistas, elementos de redución da velocidade de tráfico e nova iluminación; así como na renovación do abastecemento de auga e a drenaxe.

 

A estrada Puxeiros-Peinador rexistra unha alta intensidade de tráfico, sobre todo de vehículos pesados e ten gran capacidade vertebradora dentro do municipio, debido a que conecta o núcleo urbano de Puxeiros co aeroporto, o IFEVI e a zona industrial do Rebullón. O tráfico que soporta é moi elevado debido ao importante número de naves de almacenamento e loxística que utilizan esta vía de acceso. Existían problemas que reducían a seguridade da vía, tales como o mal estado xeral dos pavimentos, a insuficiente iluminación, falta de elementos de contención adaptados a motoristas en curvas perigosas (barreiras de seguridade), sistemas puntuais da drenaxe mal resoltos, beirarrúas con danos puntuais e mal estado da sinalización horizontal e vertical e do abastecemento, con constantes roturas que provocaban danos estruturais ao firme.


 
As actuacións nas que se centra o proxecto son rehabilitación superficial do firme, mellora da sinalización e dos sistemas de contención, mellora da seguridade viaria mediante a colocación de redutores de velocidade; e actuacións complementarias.

 

A estrada EP-2603 que une Puxeiros con Peinador pertence á rede de estradas da Deputación de Pontevedra, e discorre dentro do municipio de Mos. O ámbito de actuación do presente proxecto comprende a práctica totalidade da estrada, cunha lonxitude aproximada de 2.759 metros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.