GALICIA
Manuel Manquiña volta este domingo ás nosas pantallas como entrevistador
O deseñador ourensán Roberto Verino será o primeiro convidado de “Hoxe con Manquiña”, novo espazo da TVG a través do cal teremos a oportunidade de continuar a coñecer a faciana máis íntima e persoal dos nosos galegos e galegas máis famosos e recoñecidos
Manuel Manquiña volta este domingo aos nosos fogares no seu papel de entrevistador da man dun novo programa, “Hoxe con Manquiña”. O deseñador ourensán Roberto Verino será o seu primeiro convidado.
En “Hoxe con Manquiña” teremos a oportunidade de continuar a coñecer a faciana máis íntima e persoal dos nosos galegos e galegas máis famosos e recoñecidos. Neste novo espazo de Televisión de Galicia, ademais de indagar nos aspectos menos coñecidos dos nosos convidados, teremos tamén a ocasión de descubrir o seu punto de vista sobre fitos do pasado que viviron en primeira persoa e, como non, tamén da actualidade.
![[Img #48810]](https://xornal21.com/upload/images/01_2019/1218_37.jpg?23)
Ademais achegarémonos á xente da rúa para tratar de averiguar o que saben sobre os nosos convidados e contaremos cunha sección sorpresa para o entrevistado na que recibirán unha mensaxe de alguén moi especial e querido para cada un deles.
Roberto Verino abriranos as portas do seu taller en Ourense para coñecer todos os segredos dos seus procesos creativos. Ademais falaranos das decisións que ten que tomar para seguir revolucionando o mundo da moda e invitaranos a coñecer os seus viñedos ubicados nas fermosas terras de Monterrei
Nesta primeira entrega de “Hoxe con Manquiña” contaremos como convidado cun dos modistas máis importantes do mundo, Roberto Verino, que nos abrirá as portas do seu taller en Ourense para coñecer os segredos dos seus procesos creativos.
Coñeceremos de primeira man as decisións que ten que tomar para seguir a revolucionar o mundo da moda e invitaranos a coñecer os seus viñedos ubicados nas fermosas terras de Monterrei.
De onde ven o seu nome? Cal foi o seu primeiro traballo? Que é o que lle fixo apostar pola profesión de modisto? Como xurdiu a súa paixón polo mundo do viño? Isto e moito máis descubrirémolo no noso primeiro programa da tempada de “Hoxe con Manquiña”, este domingo na Televisión de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22