Viernes, 13 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 15 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
Provincia

Carmela Silva valora de “éxito absoluto” os servizos deportivos da Deputación

A Presidenta provincial destacou que este ano se adiantarán a xaneiro-febreiro todas as bases para as axudas “para que cheguen antes aos clubs e asociacións deportivas”

A Presidenta da Deputación, Carmela Silva, manifestou a súa satisfacción polo balance “moi positivo” que están a acadar os servizos “Depocomparte”, “Depo Informa”, e o servizo de mantemento dos campos de fútbol, que a institución provincial puxo en marcha fai tempo. “O deporte é unha das nosas prioridades dende que chegamos ao goberno fai case 4 anos, e así está definido no Plan Estratéxico de Deportes, porque é a auténtica revolución do S.XXI e é unha demanda social potentísima que as administracións temos a obriga de fomentar”.

 

Máis polo miúdo, “Depocomparte”, que permite que os concellos, entidades e clubs deportivos que o desexen poidan contar con material para eventos deportivos de maneira totalmente gratuíta, atendeu xa preto de 250 peticións. A través deste servizo, o goberno de Carmela Silva está poñendo a súa disposición 10 carpas 3x3, 200 conos, 4 arcos de meta, 48 “Fly Banners”, 12 “Sky Dancers”, 60 vallas, 2 bicicletas adaptadas e 2 podios. No que respecta a “Depo Informa”, xa son máis de 180 clubs e entidades inscritos nesta ferramenta 3.0 que ten como finalidade mellorar a xestión do deporte na provincia. Esta iniciativa, aberta a todas as entidades, trátase dunha base de datos de clubs deportivos, a través da cal todas as entidades deportivas poden transmitir e dispoñer de información en tempo real de asunto de grande interese para o fomento do tecido asociativo deportivo, como poden ser liñas de axudas e subvencións. Pola súa banda, a Deputación de Pontevedra destinou 520.000 euros ao mantemento dos campos de fútbol de preto de 50 concellos da provincia, dos que 351.000 euros foron para campos de herba sintética e 169.000 euros para campos de fútbol naturais.

 

Para rematar, Silva apuntou que este ano “adiantaremos a xaneiro-febreiro todas as bases para as axudas en materia de deportes para que cheguen moito antes aos clubs e asociacións deportivas” e resaltou que tamén nas próximas semanas informará dos “novos convenios cos clubs de elite, a excelente acollida que o deporte está a dar á nova marca provincial para deportistas de elite DepoDan e DepoPromesas, e as novidades da edición deste ano de DepoDesafío ou das DepoAndainas”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.