NIGRÁN
As 'Pandereteiras do Sobreiro' presenta o sábado en Nigrán o seu último traballo
O Concello de Nigrán ofrece este sábado ás 18:00 horas no Auditorio Municipal a actuación do grupo 'Pandereteiras do Sobreiro', que presentará o seu último traballo discográfico.
A formación de Gondomar nace na A.V. San Martiño de Borreiros en outubro do 2004, baixo a direción da súa mestra Leni Pérez. O grupo está formado por mulleres de distintas idades.
O repertorio inclúe ritmos pertencentes a nosa tradición oral: ribeiranas, xotas, pasodobres, valses....temas que coma o vento sutil, levan viaxando a través das xeracións e das épocas, ata chegar hoxe aos nosos días máis vivos cá nunca, máis rotundos.
Porque a música tradicional é unha voz rotunda que, sen embargo, sabe de melodías. Acompáñanse para elo de distintos instrumentos entre os que atopamos pandeiretas, pandeiros, cunchas, culleres, castañolas, gaita ...
As pezas interpretadas forman parte dun traballo de campo feito ao longo da xeografía galega, grazas ás melodías que gardaron na súa memoria a xente maior das nosas vilas e aldeas.
Cando cantan música tradicional fan inventario do que somos, do que fomos e do que queremos ser. As Pandereteiras do Sobreiro suben ao escenario sabedoras de que atesouran, como bagaxe sagrada, dentro das súas gorxas as músicas todas da tradición galega.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217