Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 16:48:44 horas

Xornal21.es
Martes, 15 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas pon fin ao seu plan de axuste económico

O saneamento das contas permitíu cancelar de forma anticipada o préstamo que vencía en 2023

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, anunciaba onte a finalización do plan de axuste económico do Concello, en vigor desde 2013.

 

O rexedor local lembrou que en 2012 Ponteareas se acolleu ao plan de pagos a proveedores posto en marcha polo ministro Montoro. Desa maneira, “os millóns de débedas que tiñamos con empresas e autónomos foron abonadas polo Estado e o Concello tivo que devolver ese diñeiro durante estes anos”, aclara o Alcalde.

 

En 2013, para facer fronte a máis débedas, o Estado autorizou ao concello a formalizar un préstamo de 210.000 euros a devolver en 10 anos, impoñendo a aprobación dun plan de axuste que conlevaba subir impostos e facer recortes esixidos  polo Estado, quen controlaba así as contas municipais.

 

“Ese préstamo e o seu plan de axuste aprobouse para facer fronte a gastos como as orquestras das festas e a iluminación do nadal de 2013, a edición do calendario dese ano, pins, medallas e chaveiros e incluso gastos da televisión municipal” explicou Represas.

 

O alcalde sinalou que “grazas á nosa xestión destes tres anos e medio, o pasado mes de decembro cancelamos totalmente ese préstamo de forma anticipada, catro anos antes do previsto, poñendo fin ao plan de axuste”. O Alcalde amosouse moi satisfeito porque “desta maneira non teremos que pagar os xuros e ademais recuperamos a autonomía sobre a nosa facenda. Agora o Estado xa non nos pode esixir nin recortes nin subas de impostos”.

 

O alcalde destacou que “pasamos dun tempo no que se creaban débedas millonarias a unha situación actual na que nos podemos permitir pagar os préstamos antes de tempo. Supuxo un grande esforzo para os ponteareáns que nestes anos non puideron ver investimentos en obras e servizos, pero agora o concello está saneado e normalizado e os cartos por fin se adicarán neste ano 2019 a atender necesidades prioritarias”.

 

Represas anunciou que nas vindeiras semanas, unha vez os servizos económicos do concello pechen o exercicio de 2018, “farase pública toda a información que demostra o saneamento económico do Concello”. O alcalde adiantou xa que “no noso mandato logramos saldar toda a débeda co Estado polo pago a provedores, a millonaria débeda coa seguridade social, millóns de euros de débedas non contabilizadas ou derivadas de sentenzas xudiciais recentes e, agora, o préstamo do plan de axuste”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.