VIGO
A Xunta incrementa en 65 o número de prazas públicas nos centros de Agasfra en Vigo
Destas novas prazas, 25 corresponden ao servicio de atención residencial terapéutica, outras 25 ao centro ocupacional e 15 ao centro de día
A conselleira de Política Social, Fabiola García, recordou que a Xunta incrementou en 65 o número de prazas públicas de atención á discapacidade nos centros que xestiona en Vigo a Asociación Galega San Francisco (Agasfra). Destas novas prazas, 25 corresponden ao servicio de atención residencial terapéutica, outras 25 para o centro ocupacional e 15 son de centro de día. En total, esta entidade conta con 159 prazas públicas, nas que se invisten preto de 2,5 millóns de euros, un 15% máis que no ano 2009.
O apoio da Xunta a Agasfra "é unha mostra máis do compromiso do Goberno galego coa mellora da atención ás persoas con discapacidade e as súas familias" explican. Así, Fabiola García fixo fincapé en que que nos Orzamentos deste ano 2019 se invisten máis de 66 millóns de euros para consolidar a rede de prazas públicas de atención á discapacidade. Sumando todas as actuacións no eido da discapacidade, nas contas da comunidade autónoma (que xa están en vigor desde o 1 de xaneiro) contémplase un investimento de 106 millóns de euros, un 63% máis que hai dez anos.
Este feito, indicou Fabiola García, expresa a vontade social da Xunta, ao tempo que ratifica a aposta por seguir a traballar de maneira conxunta coas entidades sociais na procura “dunha Galicia na que ter diferentes capacidades non signifique ter menos oportunidades”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218