Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 09:43:19 horas

Xornal21.es
Miércoles, 16 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Represas e Garrote rexeitan os recortes nos orzamentos do Estado para Ponteareas

Esixen a Fomento unha partida plurianual de 21 millóns de euros

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a Tenente de Alcalde Chus Garrote  esixen ao Ministerio de Fomento que se contemple nos orzamentos do Estado unha partida plurianual de 21 millóns de euros para a variante  ou circunvalación tal e como estaba prevista e os seis millóns para a mellora da seguridade viaria da N-120.

 

Á vista das cifras anunciadas, Represas e Garrote urxiron ao director xeral de carreteras do Ministerio de Fomento en Madrid a realización dunha reunión inmediata para manifestarlle en persoa o malestar e rexeitamento do goberno e Corporación e en xeral da cidadanía e esixir unha previsión plurianual que faga viable os proxectos respectando os compromisos  de 21 millóns de euros e de 6 millóns de euros nos vindeiros anos.

 

O goberno trasladará directamente a Fomento a proposta de consenso recentemente aprobada no pleno da Corporación, “non imos tolerar esta decisión e defenderemos ata o final que se cumpran os compromisos adquiridos coa veciñanza de Ponteareas e se salde dunha vez esta débeda histórica”.

 

Dende a dirección xeral de carreteras do Ministerio amosaron en distintas conversas telefónicas mantidas   súa disponibilidade para sentarse a estudar as propostas do goberno e Corporación de Ponteareas.

 

Para Represas e Garrote a previsión dos orzamentos deste ano ten que estar vinculada aos vindeiros anos polo importe total de 21 millóns de euros máis 6 millóns de euros para a N-120 “tal e como xa figuraba nos anteriores orzamentos e tal e como o acordamos por consenso todos os grupos da Corporación nun pleno recente contando tamén co apoio da plataforma veciñal da N-120”.

 

Represas defenderá os intereses de Ponteareas e pedirá a partida económica e a concreción de accións para a súa realización, "non consentiremos que se siga a perder o tempo en discusións e debates estériles".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.