PONTEAREAS
O PP denuncia que os "Orzamentos do Estado deixan na estacada a Ponteareas"
Villar denuncia "o recorte de investimento da Variante que desaparece do documento e a baixada de investimento para a mellora da N-120 que pasa de 6 millóns a 100.000 euros"
O PP denuncia "o roubo que supoñen os orzamentos do Estado para o concello de Ponteareas". Nunha rolda de prensa en Ponteareas, o deputado pontevedrés, Tomás Fole, e a presidenta e candidata popular denunciaron o “tijeretazo que o PSOE acaba de dar a Ponteareas nos orzamentos”.
Tomás Fole lamentou que “o interese de Pedro Sánchez por manterse na Moncloa está a prexudicar a todos os españois e de forma especial aos galegos". Despois de informar sobre os orzamentos, que entregou aos xornalistas, explicou que no caso da variante “de 21 millóns logrados no Goberno de Mariano Rajoy pásase a cero e no caso da mellora da N-120 de seis millóns consignados pásase a 100.000 euros”. Unha consignación que cualificou de “sorprendente” xa que esta nova consignación ou máis ben a falta dela fai desaparecer a Ponteareas dos orzamentos do Estado. Tomás Fole dixo que en España hai preto de 8123 concellos, aparecen partidas xenéricas para excepcionalidades, que apareza nominalmente o nome de Ponteareas é traballo de anos, traballo de partidos políticos, traballos da plataforma, dos veciños, que desapareza o seu nome é unha noticia moi grave e triste”.
Pola súa banda a presidenta e candidata popular Belén Villar, manifestou o total desacordo coa proposta. “O PSOE con estes orzamentos vendeu e deixou a Ponteareas na estacada”. Cualificouno de “ tijeretazo” e explicou
Instan a Represas e a Chus Garrote a "explicar que xestións fixeron no último mes e porqué aínda non saíron denunciando o tijeretazo que o PSOE acaba de darlle a Ponteareas"
que despois dos últimos acontecementos esperábase un recorte pero non “tan grave como o facer desaparecer a variante e deixar tan só 100.000 euros para a mellora da N-120”. A popular culpou tamén a Represas e Chus Garrote da situación “Estou segura que se fosen uns orzamentos do PP estarían xa manifestándose, aínda non se pronunciaron e estou segura que coñeceron estes datos moito antes de que se fixesen públicos”. Villar lamenta que se “antepoñan intereses partidistas neste tema”, cando sempre se actuou en consonancia e unión. “Queremos unha explicación urxente do tripartito das xestións realizadas nos últimos meses ante o Ministerio de Fomento e a Subdelegación de Goberno, porque reunións e anuncios en prensa moitos, pero a realidade son estes papeis, deixáronlles en evidencia”.
Villar lembrou que na presentación de candidatura de Chus Garrote en decembro "enganou aos veciños anunciou aos catro ventos que a variante e mellora da N-120 estaban aseguradas co PSOE e agora sabemos que mentiu. Ponteareas é un dos municipios máis castigados de Galicia nestes orzamentos. Os pontareanos estamos a pagar os acordos de Sánchez con Cataluña” recriminou.
Villar explicou que “Represas é cómplice deste recorte, xa que leva meses escondido e non se pronunciou porque non quere conflitos co PSOE, xa que é o partido que o mantén no silló. Prefire seguir na cadeira e non enfrontarse mediáticamente ao PSOE que é o partido que lle está brindando o apoio para ser alcalde”.
Por último Villar mostrou o seu total apoio á Plataforma da N-120. “Imos loitar, imos emendar este documento e non imos parar ata recuperar o último euro. Xa mantivemos varias conversacións e reunirémonos con eles nas próximas horas para tomar decisións de presión en conxunto”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163