VIGO
O alcalde de Vigo avoga por un voo anual a Londres
O alcalde valorou esta semana o "crecemento excepcional" de Peinador, que en 2018 sumou 1.130.000 pasaxeiros, un 6% máis que o ano anterior, como consecuencia do "apoio que estamos a dar desde o Concello". Caballero avanzou que o goberno de Vigo traballa para ter un voo a Londres todo o ano e ultima un concurso público
O aeroporto de Vigo rexistrou no pasado mes de decembro un incremento de viaxeiros do 13,7% con respecto ao mesmo mes do ano anterior, o maior das tres terminais galegas e unha cifra que permite a Peinador concluír 2018 con 1.130.000 pasaxeiros en total, un 6% máis que no 2017.
Trátase dun "crecemento excepcional" para o alcalde de Vigo, quen puxo en valor este dato como resultado do "apoio que estamos a dar desde o Concello". "Seguimos crecendo", anotou Caballero, quen avanzou que o goberno vigués traballa para conseguir "de forma estable" un voo a Londres durante todo o ano, con 180 prazas, ademais de continuar co destino París e reforzar outras conexións. Ao respecto, Abel Caballero avanzou a convocatoria dun concurso público.
Preguntado pola presenza de Ryanair en Vigo, o alcalde explicou que a compañía opera actualmente pola súa conta no aeroporto vigués, eloxiou o "bo traballo" que fan na cidade e asegurou que lle gustaría unha "relación estable" da compañía irlandesa con Peinador, pendente da contratación pública.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218