VIGO
Festival xuntanza “d´ondeson” encontro de mozos e mozas galegas en Vigo
Este sábado 19 de xaneiro organízase a xuntanza dos grupos xuvenís de tempo libre das asociacións xuvenís pertencentes á FEDERACION DE CENTROS XUVENÍS DON BOSCO DE GALICIA que comprende as asociacións xuvenís ABERTAL de Vigo, DON BOSCO de Compostela, ABEIRO de A Coruña, AMENCER de Ourense e ATEIBO de Lugo; á que están convidados os grupos xuvenís da diocese Tui-Vigo
A asociación Centro Xuvenil Abertal, socia fundadora da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, organiza o Festiva l“D´ondeSON” para mozos e mozas en Vigo.
A xuntanza comezará a partires das10,45 horas no Cine Salesianos (R/ Venezuela) de Vigo, onde teremos a acollida aos preto de 200 mozos e mozas de 15 a 19 anos de idade que se xuntarán.
Ambientado no formato dun festival musical, trala prescrita acreditación e pase de photocall farase a benvida inicial, presentación da xornada e saúdo das autoridades presentes que terá lugar no Cine-Teatro Salesianos.
Logo deste primeiro momento terán lugar os obradoiros, dez experiencias e testemuños que permitan achegarse a elementos centrais da vida cristiá e as manifestacións diversas da mesma: cine, música, compromiso social, Biblia,…
A participación nos obradoiros dará lugar a un faladoiro co prelado diocesano, Mons. Luis QuinteiroFiúza -que manifestou o seu entusiasmo por poder atoparse directamente cos mozos e mozas participantes neste encontro- no que haberá espazo para preguntas e respostas partires dos aspectos traballados nos obradoiros.
Pechará a mañá de encontro e traballo o merecido xantar compartido entre todas as persoas participantes nas instalacións dos Salesianos da Rúa Venezuela.
A tarde estará centrada en dúas grandes actividades: unha animada e xuvenil celebración da eucaristía, ás 16,30hs, na Igrexa de María Auxiliadora e un concerto, ás 17,30hs, no Cine-Teatro Salesianos, que vén de cumprir 50 anos, de man do cantautor Migueli e que estará aberto á toda a cidade con entrada de balde (entrada pola Rúa Venezuela, 3).
O acto de clausura deste encontro realizarase a partires das 18,45 no mesmo Cine-teatro onde terá lugar o concerto.
No festival “D´ondeSON”participarán mozos e mozas desde os 15 anos de idade ata os 19 que forman parte dos grupos xuvenís de tempo libre que funcionan todo o ano cun ritmo semanal e teñen momentos fortes como son o campamento de verán… e que sendo de diversas procedencias, movementos e institucións, xúntanse para compartir unha xornada festiva en torno ao aspecto central destes grupos: a experiencia cristiá.
En total son preto de 500 mozos e mozas os que participan asiduamente destes grupos en toda Galicia.
DATAS: Sábado19 de xaneiro no Centro Xuvenil ABERTAL (Salesianos) Vigo.
INFORMACIÓN: no teléfono do Centro Xuvenil ABERTAL 986 225 662 preguntando por Alejandra de la Iglesia ou no móbil 697 877 067 (Segundo)

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218