NIGRÁN
O alcalde de Nigrán participa en Soria no encontro internacional 'Think Europe'
Juan González, presidente do Fondo Galego e da Confederación, salientou a contribución dos municipios na sensibilización da cidadanía a prol dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
O presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e alcalde de Nigrán, Juan González, interveu onte no II Encontro Internacional 'Think Europe: Compromiso 2030', ao que asistiu en calidade de presidente da Confederación de Fondos de Cooperación y Solidaridad. O evento, organizado por United Cities and Local Governments, reúne entre o 16 e o 18 de xaneiro en Soria a máis de 250 líderes e lideresas mundiais co reto de reforzar o papel das cidades intermedias na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, fixados pola ONU en 2015 co fin de erradicar a pobreza e as desigualdade nun prazo de quince anos.
Segundo o presidente da Confederación, que reúne a nove fondos do Estado, "a contibución das entidades locais, por pequena que sexa, será fundamental, porque permitirá concienciar á cidadanía e amosar que as institucións poden estar cerca". Así o declarou Juan González na mesa 'A cooperación internacional para o desenvolvemento e as axendas das cidades intermedias', na que participou canda representantes do Programa das Nacións Unidas Para o Desenvolvemento (PNUD), da Secretaría General Iberoamericana, da Coordinadora de ONGD España ou do municipio marroquí de Chefchaouen, entre outros.
A directora da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo, Aina Calvo, encargouse de presentar o debate e anunciou que a AECID quere afianzar as relacións para traballar conxuntamente tanto coa Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) como coa Confederación de Fondos, xa que os considera actores chave no mantemento da cooperación municipalista no Estado.
A propia Confederación, que representa a máis de 1.000 entidades locais, considera que cómpre impulsar e fortalecer os espazos de reflexión e traballo conxunto para promover a aplicación da Axenda 2030 e as políticas públicas de desenvolvemento. Ao mesmo tempo, débese pór en valor a capacidade dos gobernos locais para favorecer a implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, xa que os 17 ODS entroncan directamente coas competencias municipais, principalmente na prestación de servizos básicos e na promoción dun desenvolvemento territorial endóxeno, inclusivo e sostible..

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217