Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 09:43:19 horas

Xornal21.es
Jueves, 17 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O BNG califica de "grave erro" os orzamentos do PSOE e de "cinismo" o PP coa circunvalación

Lembran que "pasaron 20 anos de promesas con gobernos do PP e do PSOE"

O BNG de Ponteareas lamentou hoxe “o gravísimo erro do PSOE ao retirar dos orzamentos a partida para a circunvalación e reducir a das melloras na N-120”. Os nacionalistas acusaron tamén ao PP de practicar “un penoso cinismo e hipocrisía con este incumprimento do que son culpables a partes iguais populares e socialistas”.


Dende o Bloque lembran que “a circunvalación prometeuse por vez primeira hai máis de 20 anos. Desde aquela tivemos o goberno de Aznar, Zapatero, Rajoy e agora Sánchez. Polo tanto, PP e PSOE son os responsables de que en 20 anos sigamos igual”.


O Responsable Local do BNG, Nemesio Boente, asegurou que “os ponteareáns xa non se cren o xogo trileiro e falsario dos partidos estatais. Cando goberna o PP, o PSOE esixe a circunvalación e viceversa, cando gobernan os socialistas, son os populares os  que esixen a obra. É todo puro teatro fariseo a costa de Ponteareas”.


Para Boente “o problema radica en que en Madrid, Galiza e os nosos intereses non contan para nada. O BNG presentou durante décadas emendas a cada orzamento para facer a circunvalación e o PP ou o PSOE as rexeitaban se gobernaban e as apoiaban se estaban na oposición. Son uns profesionais da hipocrisía e do oportunismo”.


Por último, o BNG considera “patético” que o PP culpe a Xosé Represas desta situación. “Se alguén non ten ningunha responsabilidade é o BNG, Represas e o Concello de Ponteareas. Non podemos ter responsabilidade en algo que non está na nosa man”, aclarou Boente, quen salientou “o papel do alcalde unindo a todas as forzas e sociedade para facer unha fronte común por vez primeira ante ao Estado e a Xunta”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.