Domingo, 26 de Abril de 2026

Actualizada Domingo, 26 de Abril de 2026 a las 09:03:17 horas

Xornal21.es
Sábado, 19 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
TUI

O BNG de Tui presenta o primeiro tramo da candidatura das municipais

O BNG é a primeira organización política en presentar o primeiro tramo da candidatura ás eleccións municipais de 2019. A lista aprobada en  asemblea local aberta , estará encabezada por Carme Núñez  (concelleira de patrimonio no governo anterior), actual portavoz municipal  da formación nacionalista;  reside na parroquia de Pexegueiro, traballa como  médica de atención primaria no centro de saúde de Tomiño,e, é portavoz no Baixo Miño da Plataforma Soligariedade Galega co Pobo Saharauí. De número dous irá Xosé Martínez Tato (concelleiro de medioambiente, limpeza,participación cidadá e do medio rural de Tui),veciño das Bornetas,  xubilado do sector do metal, presidente da asociación "Anda Tui-Rego da Pedra", de número tres Ernesto Cañedo, veciño de Baldráns, técnico de instalacións de liñas eléctricas,foi delegado sindical do metal na CIG, membro da comunidade de montes de Baldráns,activista en diversas asociacións veciñais, membro da asociación "Amizade galego-cubana Francisco Villamil" ademáis de outras asociacións de solidariedade internacionalistas, colaborador en actividades na defensa do medioambiente e militante do Partido Comunista do Pobo Galego, como número 4 Alexandre Negro, veciño do casco histórico de Tui, técnico superior en comercio internacional, operario de automoción,e, de número 5, Ana Bernárdez, veciña de Pexegueiro,técnica superior en axencias de viaxes e en guías, información e asistencias turísticas responsábel comarcal de Galiza Nova no Baixo Miño e portavoz da Asemblea de Mulleres na Comarca.

 

O BNG fixo público o primeiro tramo da candidatura que concorrerá ás eleccións municipais de 2019. Presentamos hoxe a primeira parte dun grupo de traballo que nace das asembleas locais, do diálogo con persoas independentes que se integran neste grupo para  fortalecer o nacionalismo e recuperar o governo en Tui.

 

A candidata nacionalista volveu convidar a participación a través das asembleas abertas a todas as persoas preocupadas pola nefasta   situación de Tui "porque cremos que é necesario desaloxar  do Concello á dereita dirixida polo PP e aos seus secuaces colocad@s  ao servizo do amiguismo, das cacicadas e dos favores de quen governa. O PP deu un golpe para por os seus intereses partidistas por riba do interese xeral da veciñanza", sinalou a cabeza de lista do BNG en Tui.

 

Desde o BNG fan un chamamento para construír unha alternativa nacionalista,e , levar adiante un proceso que permita darlle un futuro digno a Tui. "Estou convencida de que a veciñanza sabe que no BNG estamos en disposición de facer de Tui un concello de referencia: coa zona histórica rehabilitada, que beneficie o rexurdimento do comercio local, da hostalaría, e do turismo; con parroquias vivas, que conten con infraestructuras dignas e con servizos básicos implantados. Un concello do que todas nos sintamos orgullosas e no que queiramos e poidamos traballar", apuntou Carme Núñez.

 

Encontros sectoriais para elaborar o programa

Neste sentido anunciou que o BNG celebrará encontros sectoriais para recoller propostas de todas as persoas e colectivos que queiran facer achegas para un cambio indispensábel e urxente na nosa cidade.

 

Chegou o momento de por fin aos que so aspiran a sentar nun sillón para resucitar a política do oportunismo e da cobiza persoal. Partindo da experiencia destes anos, e collendo como referencia os "concellos BNG"  imos construír a nosa alternativa  para mudar Tui, concluíu Carme Núñez

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.