Domingo, 26 de Abril de 2026

Actualizada Domingo, 26 de Abril de 2026 a las 09:03:17 horas

Xornal21.es
Viernes, 18 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
TUI

Mais de 80 expositores participarán na IV Mostra da Camelia Cidade de Tui

Haberá un obradoiro de té e unha charla-coloquio sobre a vespa velutina

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello de Tui a IV Mostra da Camelia Cidade de Tui, organizada por ATUCA, Amigos Tudenses da Camelia, coa colaboración do Concello de Tui, Deputación de Pontevedra e Sociedade Española da Camelia, que se vai celebrar esta fin de semana, sábado 19 e domingo 20 de xaneiro, na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica.


O sábado de 9.00h a 12.00h mais de 80 expositores prepararán e colocarán as flores nos expositores. As 12.15 o Teatro Municipal, na Área Panorámica, acollerá o acto inaugural no que se fará entrega de agasallos ós expositores e a entrega de premios do II Concurso de Debuxo e Poesía “A camelia, flor na invernía galega”, no que participaron ós alumnos de 1º a 4º de Primaria dos colexios tudenses.


Destacaba o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o importante valor desta flor de inverno para o municipio, tanto a nivel turístico como económico, polo que é “unha oportunidade importante xa que cada vez se move máis xente entorno a Camelia e pode ser un complemento interesante ó gran atractivo que ten Tui”. Pola súa parte, o Concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, agradecía a ATUCA a súa implicación nesta mostra e “por axudar a que Tui sexa escaparate da Camelia e converter o municipio nun referente”.  Tamén a concelleira de educación agradecía a ATUCA a súa labor, neste caso, por acercar os máis pequenos a Camelia a través do Concurso de Debuxo e Poesía.


A Mostra floral poderá visitarse o sábado de 16.30h a 21.00h e de 10.00h a 14.00h e de 17.30h a 18.30h do domingo na Sala de exposicións Municipal situada na Área Panorámica.


Paralelamente, a Sala Félix Rodriguez acollerá outras dúas actividades. Ás 17.45 do sábado terá lugar un obradoiro de Té para dar a coñecer o té galego, impartido por Carmen Salinero, presidenta da Sociedade Española da Camelia e bióloga na Estación Fitopatolóxica de Areeiro. O domingo, ás 17.30h haberá unha charla-coloquio sobre a vespa velutina e a preparación de trampas caseiras.

 

Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, o presidente de ATUCA, José Carlos Montes, a vicepresidenta, Maria José Fernández Castiñeiras, e o secretario, Antonio Luís Montes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.