PROVINCIA
O Goberno de Carmela Silva abre os prazos de adhesión dos programas de cohesión social
A presidenta informou que “enviamos cartas aos concellos e entidades sociais da provincia para explicarlles o procedemento a seguir para adherirse por medios electrónicos aos programas de Depotermal, En Ruta coa Depo e Depo en marcha”
As novas edicións de “Depotermal”, “Depo en marcha” e “En Ruta coa Depo” xa están en marcha, tal e como sinalou esta semana en rolda de prensa a presidenta da Deputación de Pontevedra. Así, Carmela Silva adiantou que desde a administración provincial xa se remitiron esta mañá cartas aos concellos e entidades sociais da provincia explicándolles o procedemento a seguir para adherirse por medios electrónicos ás novas edicións dos programas de Cohesión Social.
O primeiro dos programas en abrir o prazo de adhesión é “Depotermal 2019”, a partir do 28 de xaneiro. Deste xeito, Silva asegurou que “os concellos interesados poderán formular a súa solicitude, por medios electrónicos tal e como marca a lei, ata o 15 de febreiro”. Sobre Depotermal Silva enxalzou que se trata dun programa que sigue as liñas marcadas pola Unión Europea relativas ao envellecemento activo. “As administracións debemos impulsar actuacións e iniciativas que favorezan e permitan un envellecemento activo, que melloren a calidade de vida das persoas maiores, establecendo novas relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, seguindo as pautas que marca Europa”, manifestou a presidenta.
“Depotermal” trátase dun programa que facilita o acceso ao turismo de saúde ao tempo que serve como plan dinamizador da economía da provincia, impulsando a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade. Para esta edición, a Deputación de Pontevedra oferta 4.434 prazas, das cales haberá 434 subvencionadas para persoas con escasos recursos económicos ou en risco de exclusión. En concreto, “Depotermal 2019” oferta dous programas: un de asistencia diaria aos balnearios durante 5 días consecutivos (con 1.248 prazas) e o programa termal con pernoita e réxime de pensión completa (con 3.186 prazas).
Ao igual que acontece con “Depotermal 2019” a Deputación de Pontevedra enviou este venres ás entidades sociais da provincia cartas co fin de detallar o proceso de solicitude para participar en “Depo en marcha 2019” e en “En Ruta coa Depo”. Carmela Silva apuntou que “para ambos programas o prazo ábrese o 4 de febreiro e alongarase ata o 22 dese mesmo mes”.
“En Ruta coa Depo” é un programa da Deputación de Pontevedra que consiste en pasar un día coñecendo lugares emblemáticos da provincia de Pontevedra incluídos nas 32 rutas ofertadas. Ten por obxectivos, tal e como recordou a presidenta provincial, mellorar a participación, convivencia e cohesión social dos colectivos da provincia, impulsar a igualdade de oportunidades para as persoas con diversidade funcional, ofrecer alternativas de lecer e tempo libre á poboación xuvenil da provincia e promover rutas destinadas ás entidades de nais e pais que fomenten a convivencia e intercambio de experiencias.
Pola súa banda “Depo en marcha” oferta obradoiros de 30 horas dirixidos á terceira idade. Os principais obxectivos deste programa, segundo detallou Silva, son favorecer o envellecemento activo, optimizar as oportunidades de saúde, participación e seguridade, mellorar a calidade de vida das persoas maiores, establecer relacións sociais e favorecer a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, potenciar movementos de participación e cooperación social, promover espazos de encontro e impulsar a independencia das e dos maiores para evitar o illamento e as situacións de soidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151