Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 18:19:43 horas

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 19 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Villar chama a todos os alcaldes a facer unha fronte común ante os recortes do Estado

Alcaldes e portavoces reuníronse e chaman á unión de todos os concellos da provincia "que se viron prexudicados" con estes orzamentos

O PP de Ponteareas reuniu na súa sede local aos alcaldes e portavoces José Antonio Lorenzo, alcalde de Mondariz Balneario, Ana Corredoira, candidata do PP en Mondariz. Francisco Rico, alcalde pedáneo Villasobroso, Ana Cerviño, tenente alcalde A Cañiza, Raúl Emilio, candidato PP As Neves e Pablo Castillo, alcalde de Covelo para "facer unha fronte común e concretar as medidas que levarán a cabo ante os graves recortes nos orzamentos do Estado".

 

 Villar dixo que había que "estar unidos e loitar polo interese dos veciños". Ademais respondeu a Represas que “ non soubo nin liderar, nin presionar aos seus socios de goberno para o beneficio de Ponteareas. O deixamento e incompetencia deste alcalde, a súa falta de liderazgo levou a perder 27 millóns de euros nos orzamentos do Estado”.

 

Villar considera que "Represas está a tentar culpabilizar totalmente ao PSOE" e lémbralle que "el como alcalde puido interesarse e presionar antes de que se tomase esta decisión". Ademais criticou que anunciase unha manifestación en prensa sen reunirse coa plataforma. “ Nós iremos da man da plataforma, cedéndolles todo o protagonismo, xa que levan moitos anos loitando por estas actuacións. Non imos anunciar ningunha medida que non fose acordada antes con este colectivo. Outros prefiren saltarse á plataforma para tentar abanderar unha xestión que non foron capaces de levar a bo porto durante estes meses”.

 

O PP insta a que Represas e Garrote expliquen e fagan públicas as reunións que mantiveron nos últimos meses coa subdelegada do goberno,  Maica Larriba. “ Esiximos tamén a comparecencia de Gonzalo Caballero, secretario Xeral do PSOE en Galicia, que opinan os deputados do Congreso pola provincia de Pontevedra? Que presión fixo Garrote ante o seu partido? Que xestións fixo o alcalde? Está claro que ningunha, porque senón a variante non desaparecería e a N-120 non pasaría de 6 millóns a 100.000 euros” sentenciou Villar.

 

O PP asegura que vai traballar nese fronte común, apoiando á plataforma. “Respectamos aos cataláns, pero os pontareanos non somos menos que eles. O diñeiro estaba consignado e non pode cambiar de mans da noite para a mañá”.

 

Villar manifestou que esta loita xa non era como portavoz do PP, senon como veciña, “como pontareana que son, levamos soñando moitos anos coa conexión á autovía, que nos permitirá desconxestionar a entrada ao noso municipio e a outros que lindan con nós, pero o máis importante é a mellora que está contemplada para a N-120, como ben dixo a plataforma todos coñecemos a alguén que sufriu un accidente neste viario, en moitos casos mortal, que saiba o PSOE que aquí empeza o seu pesadelo porque os pontareanos e o resto dos veciños da comarca non nos imos a render ata recuperar ata o último euro”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.