Miércoles, 25 de Febrero de 2026

Actualizada Miércoles, 25 de Febrero de 2026 a las 19:38:51 horas

Redacción / Xornal21.es
Martes, 22 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
Provincia

Deputación aproba 1,3 millóns para contratar a 169 traballadores en sete concellos

Cuntis, Moaña, O Porriño, Portas, Salvaterra de Miño, Vila de Cruces e Vilagarcía son os primeiros beneficiarios destas partidas para contratar persoal municipal

A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de darlle o visto bo á primeira concesión de subvencións do Plan Concellos 2019 correspondentes á Liña 3 de Emprego por valor de 1,3 millóns de euros. Nesta primeira relación de concellos beneficiarios están os municipios de Cuntis, Moaña, O Porriño, Salvaterra de Miño, Vila de Cruces e Vilagarcía de Arousa, que, con estas partidas, poderán contratar a persoas para realizar traballos de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.

 

En concreto, trátase de subvencións por un total de 1.311.381,31 euros, que permitirán a contratación dun total de 169 traballadoras e traballadores. Máis polo miúdo, Cuntis contratará a 25 traballadoras e traballadores, cun importe total concedido de 121.960,87 euros. Moaña poderá contratar a 30 persoas e a súa achega é de 220.500,77 euros. Un total de 40 traballadoras e traballadores traballarán nos servizos municipais do Porriño, para onde se aprobou unha partida de 245.155,51 euros. En Portas van contratar 8 persoas, para o que a Deputación fai unha achega de 85.327,13 euros. Un total de 20 persoas traballarán en Salvaterra de Miño, cun importe concedido de 165.341,84 euros. Vila de Cruces vai contar con 10 novos traballadores e traballadoras municipais, cunha achega de 146.652,90 euros. En Vilagarcía de Arousa contrataranse 36 persoas, cun importe total de 326.442,29 euros.

 

A selección deste persoal farase entre persoas desempregadas a través do Servizo Público de Emprego e os contratos non se poderán estender máis alá do 31 de decembro de 2019. Entre o tipo de persoal que contratarán os municipios podemos destacar, entre outros, persoal para traballos en obras, para xardinaría e medio ambiente, conserxes, persoal de carpintaría e limpeza, socorristas, persoal para fontanaría e soldadura, condutoras e condutores ou para información turística.

 

A través do Plan Concellos 2019, a Deputación pon a disposición dos 59 municipios da provincia de menos de 50.000 habitantes un total de case 43,5 millóns de euros, o que supón un 3,3% máis que en 2018. Para a Liña 1 -Investimentos- destínanse un total de 30 millóns de euros, para a liña 2 -amortización, pago de débedas e gastos correntes- van un total de 3,9 millóns de euros e para a liña 3 -Emprego- achéganse 9,5 millóns de euros.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.