Vigo
Os Coidadores de barrio realizaron máis de 31.000 servizos no ano 2018
O programa municipal Coidadores de barrio permitiu prestar máis de 31.000 servizos durante o ano 2018. Tal e como explicou o alcalde de Vigo, hai 350 usuarios asiduos aínda que se atenden a miles de persoas, das que a maior parte superan os 60 anos.
Os corenta e sete coidadores de barrio que operan na cidade prestaron en 2018 máis de 31.000 servizos, dos que 14.576 foron acompañamentos e o resto, asuntos relacionados con información ou limpeza, entre outros. Cun orzamento anual de 540.000 euros, actúan en Casco Vello/Torrecedeira; Teis; Bouzas/Coia; Travesas e O Calvario en horario de mañá e de tarde. A maior parte dos usuarios é maior de 60 anos, sendo o perfil promedio o dunha muller de entre 70 e 100 anos, que vive sola. Aínda que se atenden a ducias de persoas a diario, hai uns 350 usuarios asiduos.
O rexedor resaltou a importancia dun programa que non só facilita a vida dos e das veciñas, senón que funciona como sistema de inserción laboral para os coidadores.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218