Domingo, 09 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 25 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
AS NEVES

As Neves recibirá 240.000 euros do Plan Concellos

A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de aprobar novos investimentos nun total de oito municipios da provincia no marco da liña 1 do Plan Concellos. Trátase dun total de dez partidas por un total de 2.393.963,5 euros para diversas actuacións en A Estrada, Marín, As Neves, Barro, Salceda de Caselas, Silleda, Caldas de Reis e Moaña.

 

Para As Neves, a Deputación de Pontevedra deulle o visto bo a dúas achegas por un valor total de 240.667,58 euros. Máis polo miúdo, 65.477,92 euros serán destinados á mellora da pavimentación no camiño da Igrexa de Batalláns á autovía de As Neves e outros 175.189,66 euros para financiar tamén a mellora do pavimento no camiño de Pousadouro á autovía. A través do Plan Concellos, As Neves ten este ano a súa disposición 556.434,2 euros, un 2,89% máis que o no exercicio anterior.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.