Martes, 14 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 20 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
O Rosal

Iníciase o acondicionamento das beirarrúas na travesía do Rosal

Estes traballos, cun prazo de execución dun mes aproximadamente, contarán cun investimento duns 34.000 euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inicia esta semana as obras de acondicionamento das beirarrúas na travesía do Rosal co fin de mellorar a seguridade viaria e a mobilidade dos veciños.

 

Estes traballos, que se levan a cabo no marco dun contrato de conservación da Xunta de Galicia, contarán cun investimento duns 34.000 euros.

 

As obras teñen un prazo de execución dun mes aproximadamente e para a súa execución será precisa a instalación nalgúns momentos puntuais dun semáforo, dando paso  alternativo por un dos carrís de circulación.

 

Trátase do acondicionamento das beirarrúas da rúa Ramón Franco, na estrada PO-354, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 2+750 e 2+85, que se atopan deterioradas por mor do paso do tempo.

 

A intervención centrarase na demolición da beirarrúa actual, a instalación dun novo colector para a recollida das augas de drenaxe e a reposición da infraestrutura obxecto da actuación.

 

O Goberno galego, coa realización destas obras, dálle resposta a unha solicitude do Concello do Rosal, solucionando así as carencias en infraestruturas do municipio.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.