Domingo, 26 de Abril de 2026

Actualizada Domingo, 26 de Abril de 2026 a las 09:03:17 horas

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 21 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
Tui

Unha nai e o seu fillo intoxicados por monóxido en Tui

Unha nai e o seu fillo foron evacuados esta mañá por inhalación de monóxido de carbono na súa vivenda.

Polo momento, descoñécense os motivos que causaron a intoxicación á espera de que os técnicos da empresa subministradora do gas faga unha revisión no interior do domicilio. Pola súa banda, os Bombeiros do Baixo Miño, á súa chegada á vivenda, realizaron as medicións correspondentes, que inicialmente deron negativas, aínda que cómpre comprobar o correcto funcionamento do quentador de auga, cociña e mesma unha estufa de leña.

 

Segundo indicou o alertante que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda, na vivenda, situada no Souto de Arriba, en Caldelas de Tui concentrouse moito fume sen poder determinar a súa procedencia, malia a que indicou que neses intres, precisamente a cociña de leña estaba apagada.

 

Tras recibir o aviso do particular, ao fío das 09:00 horas, desde o 112 Galicia alertouse aos servizos sanitarios de urxencia, que desprazaron unha UVI móbil ao punto. Tamén, foron informados os Bombeiros do Porriño, a Garda Civil e a Policía Local.

 

Unha vez no lugar, os profesionais sanitarios do 061 confirmaron o traslado de dúas das tres persoas que estaban no domicilio. Concretamente, a nai e un dos fillos, que foron evacudados ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo con síntomas de intoxicación por inhalación de gases.

 

Os xestores do centro de emerxencias tamén deron conta do sucedido ao persoal responsable da empresa subministradora deste gas. 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.