GALICIA
A construción das cinco fragatas en Navantia suporá traballo para 10 anos
Feijóo incide na importancia de empezar “no menor tempo posible” a construción das fragatas F-110
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladou hoxe á ministra de Defensa a importancia de empezar ”no menor tempo posible” a construción das fragatas F-110, un contrato fundamental para Navantia, para a industria auxiliar e para Ferrol. Non en van, lembrou que a construción das cinco fragatas supón para o estaleiro carga de traballo para os próximos 10 anos.
Durante unha visita ás instalacións de Navantia, xunto coa ministra de Defensa, Margarita Robles, e onde tivo lugar a entrega do Buque de Acción Marítima Furor, Feijóo transmitiu tamén á presidenta de Navantia a necesidade de comezar a materializar o plan estratéxico votado polos traballadores. “O que precisamos agora é concretar o plan estratéxico, apoiar a formación e facer contratos eficientes e competitivos para poder exportar”, precisou. Ao respecto, asegurou que é fundamental o novo taller do estaleiro, así como o dique seco que estaba comprometido no plan estratéxico inicial.
Ao longo da súa intervención o titular da Xunta, expresou ademais o desexo de que o contrato das fragatas se poida empregar para modernizar o estaleiro na súa totalidade.
Destaca a posta en marcha polo Goberno galego dun plan de formación específico dotado con 12 millóns de euros, ademais dun acordo coa Universidade da Coruña e con Navantia para traballar no ámbito da innovación e do Estaleiro 4.0
“Con este contrato hai unha oportunidade histórica para modernizar definitivamente o estaleiro, un estaleiro moito máis competitivo capaz de vender fragatas e buques para armadas doutros países”, abundou, reiterando o apoio do Goberno galego a un dos sectores estratéxicos para a Comunidade, reflectido na posta en marcha dun plan de formación específico dotado con 12 millóns de euros, ademais dun acordo coa Universidade da Coruña e con Navantia para traballar no ámbito da innovación e do Estaleiro 4.0.
“O noso compromiso, polo tanto, é permanente”, afirmou. “O que temos que facer é remar todos xuntos, poñer o estaleiro a toda máquina e empezar canto antes a construír as fragatas”, reiterou.
Feijóo concluíu resaltando que Galicia ocupa a segunda posición de toda a Eurozona ao contar coa segunda maior carteira de pedidos de toda Europa, no que a construción civil- naval se refire, só por detrás de Holanda: con 24 barcos firmados en construción máis outros seis contratos pechados nos últimos meses do ano, se aínda non entraron en vigor.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22