O PORRIÑO
O PP denuncia a perda de dúas subvencións para melloras nos polígonos industriais
"Ao máis de milón de euros en axudas perdidas pola coalición PSOE-UDDL hai que sumar máis de 165.000 euros destinados a melloras e acondicionamento na infraestrutura viaria dos polígonos de A Granxa e Prado-Budiño" aseguran os populares
O Partido Popular do Porriño denuncia que nos últimos anos o Goberno Municipal "perdeu subvencións por valor de máis de 1 millón de euros, todas elas das áreas de Vías e Obras e Emprego, supoñendo un severo perxuizo para os veciños e veciñas do municipio".
"As últimas achegas que pasan a engrosar o montante de inversión desaproveitada afectan directamente aos parques empresariais do Porriño, onde se perderon máis de 165.000 euros concedidos pola Xunta de Galicia para melloras infraestruturas viarias" explican dende o PP.
"En base á orde de axudas do ente autonómico aprobada en 2015 concedéronse 242.000 euros para tres proxectos de mellora dos viais dos polígonos no Porriño (A Granxa, Prado-Budiño e As Gándaras). De todos eles, únicamente o das Gándaras cumpriu os requisitos da subvención, mentres que no resto dos casos a axuda foi revocada por non cumprir cos requisitos,ben por non xustificar os gastos do proxecto, por pagar fóra do prazo estipulado ou por non executar menos do 50% da base subvencionable" aseguran.
A coalición PSOE-UDDL desaproveitou, segundo o PP, "a subvención de 100.000 euros concedida para o acondicionamento do vial sur do Polígono Industrial Prado-Budiño por non ser quen de xustificar os pagos no prazo establecido".
Esta denegación "súmase á axuda concedida para o acondicionamento de beirarrúas da Fase I do Polígono Industrial de A Granxa". A Xunta concedeu ao Concello do Porriño 65.000 euros a tal fin, que deberán ser asumidos pola facenda municipal por non cumprir coas condicións estipuladas, ao non executar menos do 50% da base subvencionable.
Tamen destacan dende o PP "que incluso na achega concedida para a mellora das Gándaras, a xestión do Goberno Municipal levou ao Concello a ter que asumir con fondos propios máis do 50% do investimento subvencionable. Lonxe do que anunciaba nos medios o concelleiro de Vías e Obras, Manuel Carrera, que aseguraba contar cunha subvención de 110.000 euros para estas melloras e ocultaba deliberadamente que perderan máis da metade da mesma e será o Concello quen correrá con ese gasto".
"Dende que comenzara esta lexislatura asistimos con impotencia á perda sucesiva de subvencións, que neste caso darían resposta ás demandas non só do tecido empresarial do municipio, senón de toda a cidadanía que cada día acude ao seu posto de traballo nos polígonos.", apuntou o presidente dos populares, M. Alejandro Lorenzo que aproveitou lembrar que "xa está aberto, ata o próximo 11 de febreiro, o novo prazo de solicitude para optar ao financiamento para mellorar os polígonos. Os parques empresarias do Porriño precisan destas melloras nas súas infraestruturas".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11