Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 22:23:38 horas

Xornal21.es
Viernes, 25 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O PP denuncia que o Goberno incrementou a privatización de servizos municipais

"O último servizo privatizado foi a limpeza dos colexios públicos incluíndo tamén a limpeza do CEIP Mestre Ramiro Sabell" aseguran os populares de Ponteareas

O Grupo Municipal do PP, denuncia "a demagoxia e as contradicións deste goberno municipal que cando estaban na oposición esixían e defendían a municipalización de todos os servizos públicos de competencia municipal e agora que están gobernando, convertéronse nos 'reis da privatización' xa que nestes catro anos acabaron privatizando o resto dos servizos básicos municipais como os de mantemento do alumeado público, obras, limpeza, mantemento de parques e xardíns, limpeza de instalacións municipais, asesoramento xurídico-administrativo e servizo de comunicación".


"O último servizo privatizado foi a limpeza dos colexios públicos onde, despois de varios contratos e prorrogas ilegais do contrato anterior de limpeza dos colexios nº 1 e nº 2, cun custe anual de 105.563€, cunha vixencia de un ano e tres de prórroga, acaban de adxudicar o novo contrato de limpeza de colexios públicos incluíndo tamén o CEIP Mestre Ramiro Sabell, cunha vixencia de dous anos e dous de prórroga e pasando a un importe de 176.182€ ano" explican dende o PP.

 

 

 

 

O PP insta ao goberno a que "explique aos veciños se defende a municipalización ou a privatización dos servizos"

 

 

 

 

Segundo a concelleira de Ensino, Cristina Fernández,  a privatización ven motivada pola “falta de persoal e polas restricións do Estado na contratación establecidas pola Lei”. Para os populares isto é una escusa, xa que a lei estatal si ten limitacións na contratación de laborais fixos pero si que “permite a cobertura de prazas por interinidade en casos de urxencia ou necesidade”, tal e como fixo o goberno naqueles casos que si lle interesa, como foron na cubrición por interinidade de prazas de bombeiros, administrativos, axuda a domicilio e por suposto, podelo facer coas 4 prazas vacantes por xubilación de limpadoras que existen na plantilla” explican dende o GM do PP.


O PP considera que o cambio de postura de BNG e PSOE confirma que "o PP non estaba tan equivocado cando externalizou algúns dos servizos no anterior mandato". “Criticaban o PP por privatizar e agora utilizan o mesmo modelo de xestión. Privatizaron servizos básicos municipais porque lles interesou, , e a proba diso está en que na última RPT aprobada entre as novas prazas creadas e propostas polo goberno non hai ningunha de limpadora, aínda que despois din que é un servizo urxente e necesario”.


O PP insta ao goberno a que "explique aos veciños se defenden a municipalización ou a privatización dos servizos". “Este goberno minte descaradamente á cidadanía cando busca xustificar as súas privatizacións de moitos servizos básicos de competencia municipal na falta de persoal e na lei estatal que non llo permite, porque, se quixeran, existen formas de facelo, ben cubrindo as prazas por interinidade en forma e tempo ou ben planificando as necesidades do concello dentro dos distintos programas de emprego da Xunta e a Deputación”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.