Domingo, 15 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 23 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A presidenta de ADIF garante á alcaldesa do Porriño que o proxecto de eliminación do paso a nivel “segue adiante”

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, falou coa presidenta do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), Isabel Pardo de Vera, quen “garantiume” que o proxecto de supresión do paso a nivel do centro do Porriño “segue adiante” sendo asumido directamente por ADIF, un organismo público autónomo que conta co seu propio orzamento.

 

García de la Torre obtivo, de novo, a confirmación por parte de Pardo de Vera de que este é un “proxecto firme” que está sendo ultimado polos técnicos e que será, “sen dúbida” unha realidade, o que supón, salienta a alcaldesa, que “a eliminación do paso a nivel está máis preto que nunca”.

 

Eva García de la Torre subliña que o compromiso adquirido o pasado mes de agosto na xuntanza que mantivo coa presidenta de ADIF en Madrid segue inalterable e que o mesmo “fará realidade unha reivindicación que as veciñas e veciños levamos facendo máis de 70 anos: que o tren deixe de pasar en superficie polo centro do Porriño”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.