Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 14:02:58 horas

Xornal21.es
Jueves, 24 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O PP denuncia vertidos de augas fecais en vivendas e comercios

O PP denuncia "vertidos de augas fecais no recentemente reformado paseo matutino. Esta obra é financiada pola Deputación de Pontevedra, que xa en 2015 e antes do cambio de goberno deixou consignada unha partida de preto de 200.000 euros" explican.


[Img #49370]O PP denuncia "o culebrón que supuxo a xestión da única obra que acometeu este goberno nestes catro anos". “É unha obra que deixou o PP:  tanto o proxecto como a partida económica. A finais de 2015, Represas decidiu cambiar o proxecto porque dixo que o do PP era inviable. En 2017 anunciou o inicio das obras. En 2018, despois de que denunciamos que non se iniciaron e que se perdía o diñeiro, executáronas á présa. Abriuse hai uns días para o mitin de presentación de Represas, pero o certo é que está sen terminar. No referente ao asfaltado e sinalización pódese corrixir pero preocúpanos a vertedura de fecais que se produciu, porque se algunha tubaxe quedou mal colocada implicaría ter que volver abrir a rúa e cortala prexudicando, de novo, aos veciños, comerciantes e hostaleiros da zona”, advirten os populares.

 

 

 

 

O PP solicita "unha explicación ao goberno, xa que falamos dunha obra nova, e estes problemas non deberían de producirse"

 

 

 

 

O PP considera que "debe solucionarse este problema de inmediato e por iso solicitará explicacións aos responsables locais sobre a execución da obra". “A decisión de abrila sen sinalización e por que, despois dunhas pequenas choivas, encharcouse todo con augas fecais. É unha obra nova, antes non sucedía, os comerciantes están moi enfadados. Sufriron o peche estes tres meses en plena época do Nadal e agora atópanse cunha rúa sen terminar e que xera uns problemas que antes non tiñan”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.