Lunes, 02 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 24 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Tres importantes novas empresas instálanse no polígono da Veigadaña

O Parque Empresarial de Mos xa ao 91,5% de ocupación quedando tan só 7 parcelas dispoñibles para venda

O Doing Business sigue dando froito en Mos

O título de Concello Emprendedor Doing Business síguelle a dar os seus froitos a Mos que incorpora tres novas importantes actividades ao Parque Empresarial PEMOS-Veigadaña.


Trátase dunha gran empresa do sector pesqueiro, un taller de reparación de vehículos pesados e un almacén de produtos siderúrxicos. A data de hoxe, segundo datos extraídos da páxina web de Xestur, o 91,5 % das parcelas do PEMOS Veigadaña atópase con empresas funcionando, reservadas ou con proxectos. Do total de 83 parcelas existentes, 55 están vendidas, só 7 están libres e dispoñibles para a venda, 5 xa están reservadas para empresas, 6 alugadas en réxime de dereito de superficie con Xestur e 10 se atopan reservadas por Xestur para outros destinos.


Das tres novas empresas que se implantarán próximamente no polígono da Veigadaña, a que se dedica á reparación de vehículos pesados, Mabesoa S.L., ocupará a Parcela B-6 (limita ao norte con Afamsa), con superficie de 5.904 m2 na que construirá unha nave de 1.760 metros cadrados investindo preto dun millón de euros.

 

A empresa adicada á insustria siderúrxica, Tubos Mecánicos Norte, S.A.U., ubicarase nas parcelas C-23 C-24 (fronte a Benteler), cunha superficie de 10.669 metros cadrados.


E Hermanos Fernández Ibáñez Consignatarios de Pesca S.L.U., que se vai implantar sobre 2 parcelas agrupadas nunha superficie de 12.377 m², situada tamén fronte á da empresa Benteler (multinacional do sector da automoción que próximamente abrirá as súas portas no mosense polígono da Veigadaña).


Precisamente onte aprobouse en Xunta de Goberno Local a concesión a esta empresa de licenza de obra para a construción dunha nave frigorífica e sala de elaboración na Veigadaña.


A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destaca neste senso que “esta nova pranta da industria pesqueira que elixe Veigadaña como ubicación tradúcese nunha realidade de crecemento empresarial e económico para o noso Concello e na creación de postos de traballo, por iso lle agradecemos á empresa que apostasen por Mos para levar adiante este proxecto. Somos un Concello resolutivo, un Concello emprendedor ‘Doing Business Galicia’…, en definitiva, un Concello territorio de oportunidades que se siguen a facer visibles”.


Esta empresa pesqueira leva 70 anos desempeñando a súa actividade no sector no Porto de Vigo e agora construirá en Mos unha nave frigorífica dotada de sala de elaboración. A infraestrutura terá unha superficie construída total de uns 8.000 m². A inversión nesta obra de construción superará os 7 millóns de euros.


Esta empresa está especializada na comercialización de peixe espada, tiburón e especies análogas e precisa dunha nova construción que lle permita instalar unha nova infraestrutura para a preparación, clasificación e almacenamento de peixe conxelado para a súa venda.


Construirán pois unha nave industrial na que poder desenvolver a súa actividade, con varias cámaras frigoríficas, parque de manobras e zona de acceso, unha sala de elaboración e embalaxe do peixe, e oficinas. Na contorna da nave dispoñerase a zona de aparcadoiro para os usuarios da mesma, así como o acceso de camións e a súa zona de manobras para a carga e descarga a través dos peiraos situados en fachada. Todo elo acorde coa normativa vixente e co obxetivo de poder atender adecuadamente á cada vez máis crecente demanda de produtos pesqueiros de alta calidade, mellorando os procesos produtivos e a súa seguridade, primando a eficiencia enerxética e minimizando o impacto medioambiental.


Doing Business
O crecemento meteórico do Parque Empresarial da Veigadaña non vai quedar ahí e prevense xa novas incorporacións de empresas a maiores destas tres mencionadas. Gran parte deste crecemento ven motivado polo feito de que Mos sexa Concello Emprendedor Doing Business. Isto incrementa os incentivos fiscais das novas empresas que se instalen no municipio ata nun 95% nos impostos locais (IBI, IAE e ICIO); reduce á metade os prazos de tramitación dos proxectos, mantendo as mesmas garantías técnicas, xurídicas e medioambientais; e se lle realiza unha bonificación do 30% no prezo do solo industrial. Todo elo resulta enormemente determinante, como é lóxico, á hora de captar novos investimentos.


A provincia de Pontevedra é, das catro galegas, a que menos Concellos Emprendedores Doing Business ten, un total de 12 municipios entre os que se atopa o de Mos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.