MOS
Educación iniciará este ano no Colexio de Atín obras para mellorar o illamento
Renovarase a carpintería exterior, repararanse os dinteis e farase a terminación de falsos teitos
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Educación mosense, Camilo Augusto, reuníronse coa conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, para abordar diferentes obras de mellora nos Centros de Educación Infantil e Primaria da localidade.
A necesidade prioritaria que os representantes municipais, Arévalo e Augusto, lle trasladaron a Pomar foi a renovación da carpintería exterior metálica (portas e ventás) no CEIP de Atín, así como o arranxo de dinteis e terminación de falsos teitos neste mesmo colexio.
Segundo informaron onte a rexedora local e o edil de Educación, “dende a consellería asumiuse a este respecto o compromiso firme de realizar estes traballos, que serán iniciados durante o presente ano 2019”.
As obras a acometer no Colexio de Atín revertirán nunha importante optimización do illamento térmico das instalacións do centro educativo coa conseguinte mellora da eficiencia enerxética e aforro en gastos de climatización.
Acceso traseiro
Nidia Arévalo e Camilo Augusto anunciaron tamén que o Concello de Mos está a traballar nun proxecto técnico valorado da obra de adaptación e reforma do acceso traseiro ao CEIP de Atín para darlle unha solución canto antes ao mesmo.
A intención dende a administración local é a de realizar estes traballos de xeito inmediato e os representantes municipais aseguraron que quedarán rematados neste mesmo ano.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104