GALICIA
Feijóo enxalza o papel dos medios de comunicación na consolidación do autogoberno galego
Incide en que as sociedades confusas xorden cando están orfas de medios de comunicación que acheguen criterios que eviten esa outra inflación que é a inflación de datos inconexos
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, enxalzou o papel dos medios de comunicación na consolidación do autogoberno galego e animounos a seguir sendo “os ollos e os oídos” da cidadanía, narrando e analizando con claridade e rigor as cuestións que afectan –dun xeito ou outro- a vida dos cidadáns.
Durante o acto de entrega do Premio Diego Bernal 2019, que outorga a Asociación de Periodistas de Galicia a Xosé Luis Vilela Conde, considerou significativo que as mesmas forzas que cuestionan, por elitista, o periodismo tradicional, dirixan unha acusación semellante contra a democracia representativa. “Estorbamos a aqueles que substitúen a política polo mero activismo e a comunicación pola arenga”, aseverou, lembrando que a realidade demostra que tanto a política como a comunicación dos que loitan contra as fórmulas tradicionais, acaba sendo piramidal, hermética e fratricida.
Nesta liña, o responsable do Goberno galego incidiu en que as sociedades confusas xorden cando están orfas de medios de comunicación que acheguen criterios que eviten esa outra inflación que é a inflación de datos inconexos. “Darlle de costas ao pensamento diferente para enclaustrarse no pensamento único leva a sociedades fragmentadas”, abundou.
O presidente da Xunta participou no acto de entrega do Premio Diego Bernal 2019 que outorga a Asociación de Periodistas de Galicia a Xosé Luis Vilela Conde
En relación ao premiado, Feijóo salientou que, desde o primeiro artigo que publicou con só 18 anos ata o presente, o periodista da Costa da Morte sempre se preocupou por que o medio no que traballa nunca perda a vocación coa que naceu: ser a voz da maioría dos galegos. “Dos da Galicia urbana e dos da rural, dos da costa e dos do interior, dos que prefiren a edición web e dos que seguen almorzando cada mañá co diario en papel”, dixo, ao que engadiu que as 13 edicións coas que conta o xornal demostran que hai unha vocación por chegar ata o último recuncho da Comunidade.
“Xosé Luis Vilela dirixe un medio no que o lector vai pasando da conformidade á discrepancia, do acordo ao desacordo, e onde atopa xente amiga e non tan amiga. Non hai mellor pedagoxía para vivir nunha sociedade onde hai que convivir coa discrepancia”, concluíu.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22