Lunes, 02 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 25 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

O BNG denuncia recortes en educación

Acusan ao goberno de reducir a partida destinada a esta área case un 20%

O pasado mes de novembro de 2018, o pleno do Concello de Mos aprobou, co voto en contra do BNG, os orzamentos para o ano 2019. "Son unhas contas condicionadas polo Plan Económico Financeiro, xa que o Concello incumpriu a Lei de Estabilidade Orzamentaria de 2012 e agora o goberno municipal vese obrigado a retallar o gasto para cadrar as contas" explican dendo o BNG.

 

O BNG denuncia que unha das áreas onde máis se van a notar os recortes do PP é a de educación, xa que a partida se reduce un 19,7% respecto ao ano pasado, pasando de 636.467€ en 2018 a 511.089€ en 2019.

 

Por apartados, o retroceso máis importante rexístrase na partida destinada a persoal, que se reduce en case 90.000 euros, pasando de 465.467€ a 376.089€. Pero as retalladas non quedan aquí, xa que na área de Mantemento e conservación de colexios pásase de 45.000€ en 2018 a 25.000€ en 2019 e en limpeza pásase de 7.500€ a 5.000€. Para as escolas de verán, a partida redúcese en 2.000 euros, pasando de de 7.000€ en 2018 a 5.000€ en 2019 e na Aula Madruga o recorte é de 1.000 euros, pasando de 6.000€ a 5.000€.

 

O candidato á alcaldía de Mos polo BNG, Gustavo Barcia, califica de “brutal” esta redución da partida dedicada a educación e lembra que este foi un dos motivos do voto en contra aos orzamentos de 2019. Insiste en que “para o BNG, a educación non é un gasto mais, como pode ser o alumeado de nadal, senón que é un investimento e polo tanto recortar nisto é recortar en futuro e progreso”.

 

Barcia lembra que “os orzamentos non son só un documento técnico onde se poñen números, senón que tamén se trata dun documento político no que o goberno marca as súas prioridades”. Para o BNG, “esta é a demostración empírica da mala xestión do goberno do PP e quen o vai pagar é a veciñanza de Mos”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.