GALICIA
Pío Cabanillas Alonso, este domingo en “Hoxe con Manquiña”
Coñeceremos a faciana máis descoñecida daquel que fora director xeral de RTVE e portavoz do goberno de Aznar do 2000 ao 2002
Nesta terceira entrega de “Hoxe con Manquiña” viaxarán ata Meis (Pontevedra), onde lles abre as portas do Pazo familiar onde reside cando viaxa a Galicia un home pertencente a unha das sagas familiares máis importantes do panorama galego, Pío Cabanillas Alonso.
Coñeceremos a faciana máis descoñecida daquel que fora director xeral de RTVE e portavoz do goberno de Aznar do 2000 ao 2002. Descubriremos da man do noso presentador, Manuel Manquiña algunhas das súas grandes paixóns: o kárate, o alpinismo e por riba de todo, a fotografía. De feito é xa un fotógrafo de paisaxes altamente recoñecido.
Independencia, curiosidade, risco e unha pizca de loucura son os acicates que segundo o noso convidado se necesitan para retratar grandes desertos e lugares remotos.
Hoxe con Manquiña
En “Hoxe con Manquiña” terán a oportunidade de continuar a coñecer a faciana máis íntima e persoal dos nosos galegos e galegas máis famosos e recoñecidos. Neste novo espazo de Televisión de Galicia, ademais de indagar nos aspectos menos coñecidos dos nosos convidados, teremos tamén a ocasión de descubrir o seu punto de vista sobre fitos do pasado que viviron en primeira persoa e, como non, tamén da actualidade.
Ademais achegaranse á xente da rúa para tratar de averiguar o que saben sobre os nosos convidados e contaremos cunha sección sorpresa para o entrevistado na que recibirán unha mensaxe de alguén moi especial e querido para cada un deles.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22