PROVINCIA
A Deputación abre o prazo das subvencións para entidades deportivas
A institución provincial destina 600.000 € no marco destas subvencións, 500.000 € dirixidos a clubs deportivos sen ánimo de lucro que compitan en ámbito inferior a nacional e 100.000 para os que o fagan na categoría rexional preferente
A Deputación de Pontevedra abre o prazo de solicitude das subvencións para clubs deportivos sen ánimo de lucro que participen en competicións federadas de ámbito inferior ao estatal e na categoría rexional preferente na modalidade de fútbol. A convocatoria, publicada onte no Boletín Oficial da Provincia e que este ano está dotada de 600.000 euros, permanecerá aberta ata o 25 de febreiro.
As axudas para entidades deportivas que participan en competicións federadas van destinadas a sufragar gastos derivados da participación das entidades deportivas en ligas e competicións oficiais durante a tempada 20018/2019, ou no caso daquelas competicións cuxo desenvolvemento sexa o ano natural, ata a finalización do presente. Considéranse gastos subvencionables, entre outros, as licencias federativas, os seguros deportivos, as inscricións en competicións, gastos de arbitraxe, de adestradores, desprazamentos, aluguer de espazos ou contratación de persoal derivado da práctica deportiva e a participación en ligas ou competicións, entre outros.
O prazo de solicitude das subvencións permanecerá aberto ata o 25 de febreiro
Para participar no proceso será necesario presentar a documentación recollida na convocatoria publicada onte no BOPPO dende hoxe mesmo e ata o 25 de febreiro. Poderán concorrer todas aqueles clubs deportivos federados que carezan de ánimo de lucro, se atopen ao corrente coas obrigas tributarias en todos os niveis da administración e coa Seguridade Social; estar inscritos no Rexistro de Asociacións Deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte; non estar en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións e que a modalidade practicada polos clubs deportivos federados teña implantación na Provincia de Pontevedra.
A concesión das subvencións farase en réxime de concorrencia competitiva, atendendo aos criterios de valoración recollidos na convocatoria e entre os que se atopan o número de licencias federativas na tempada actual (45% da puntuación total), ámbito de competición do equipo de referencia (20%), número de categorías na tempada actual (15%), número de licenzas femininas na tempada actual (10%) e posesión de licenzas de deporte adaptado (10%).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151