Domingo, 26 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 25 de Abril de 2026 a las 22:28:35 horas

Xornal21.es
Sábado, 26 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
TUI

As obras do novo edificio xudicial de Tui estarán rematadas despois do verán

O vicepresidente autonómico, Alfonso Rueda, desprazouse esta semana para comprobar de primeira man o estado dos traballos

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, desprazouse este venres ata Tui para comprobar de primeira man o avance das obras do novo edificio xudicial, que continúan a bo ritmo e que estarán rematadas despois do verán. Ata agora, xa se teñen realizados traballos de instalación de servizos, de estruturas e de illamento.

 

Esta nova infraestrutura, na que a Xunta inviste case 3 millóns de euros -sumando o orzamento para obras e para a adquisición do edificio á Tesourería Xeral da Seguridade Social-, unificará nun mesmo edificio as tres unidades xudiciais que estaban actualmente dispersas na vila. Isto redundará nun claro beneficio para os 27 traballadores, así como para todos os veciños do concello e do partido xudicial, do que forman parte unhas 50.000 persoas.

 

En total, tras o remate dos traballos, as dependencias xudiciais gañarán algo máis de 1.100 metros cadrados de superficie en comparación coa actual.  O edificio albergará tres xulgados con tres salas de vistas, e as dependencias auxiliares necesarias. A distribución será a seguinte: na primeira planta, as dependencias puramente administrativas; na planta baixa -á que accede o público- estarán as salas de vistas, o Rexistro e outras dependencias, como as do Imelga ou da Oficina de atención á vítima; xa no soto se ubicarán as instalacións, almacéns ou calabozos.

 

 

 

 

O Goberno autonómico investirá case 3 millóns de euros nesta nova infraestrutura, que unificará as tres unidades xudiciais que existen na vila

 

 

 

 

Ademais da maior comodidade que supón unificar nun só espazo renovado todas as dependencias, o edificio terá tamén outras vantaxes como a mellora da eficiencia enerxética para contar cunhas instalacións funcionais e modernas.

 

Este proxecto forma parte do Plan de infraestruturas xudiciais que se impulsou en 2009, e que conta cun investimento duns 100 millóns de euros para renovar e mellorar as sedes xudiciais galegas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.