Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 22:23:38 horas

Xornal21.es
Martes, 29 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ábrese o prazo para optar a concesión da cafetería do centro social

O concelleiro de Servizos Sociais informa que ata o 5 de marzo as persoas interesadas poden concursar por unha concesión a cinco anos

O concelleiro de Servizos Sociais do concello de Pontearesa, Manolo Troncoso, informa que comezou o prazo para presentarse ao concurso público para a concesión a cafetería do centro social.


Durante un prazo de trinta días hábiles que remata o 5 de marzo ás 14 horas todos e todas as interesadas poderán presentar as súas propostas no rexistro do concello de Ponteareas que atende ao público de 09:00 a 14 horas de luns a venres.


Co obxectivo de promover unha maior calidade nas relacións entre as persoas maiores sendo o centro social un lugar de encontro e de lecer, o goberno de Ponteareas convoca un concurso aberto e transparente para outorgar a cafetería cunha concesión de cinco anos, prorrogable con posibilidade de prórroga anual ata un máximo de dous nos.


O adxudicatario deberá abonar un canon dun mínimo de 1.200€ anuais, 100€ ao mes, e respectar un horario mínimo de apertura da cafetería que será de luns a venres, dende as 08:00 horas ás 22:00 horas, o sábado o mínimo horario será de 10:00 a 22:00 e o domingo de 16:00 a 22:00 horas. Durante as festividades de Corpus, Remedios e San Miguel permitirase prolongar o horario de peche.


A cafetería do centro social servirá bebidas frías e quentes e bocadillos fríos e quentes que deberán ser elaborados na cociña da cafetería que disporá dunha pracha e os electrodomésticos precisos.


Na liña da promoción do coidado do medio ambiente e do fomento dos hábitos de vida sostibles e saudables, as bebidas a subministrar atoparanse, preferentemente en envases a granel, ou en envases retornables de vidro.
Con independencia do horario de apertura o adxudicatario ten a obriga de abrir e pechar a porta das instalacións do Centro social ás 7:30 e ás 22:00 horas de luns a venres, mentres que o sábado e o domingo a apertura e peche coincidirá co horario mínimo da cafetería.


O adxudicatario deberá manter en perfecto estado de limpeza, hixiene e seguridade as instalacións.
O concelleiro Manolo Troncoso explica que o centro social é un punto de encontro no que unha parte da poboación atopa un espazo cómodo e axeitado para a socialización. Troncoso explica que nestes meses o concello realizou obras de mellora na cafetería, adaptándoa tamén ás esixencias das normativas actuais.
A documentación deste concurso pode consultarse na páxina web do concello de Ponteareas na pestaña “perfil do contratante”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.