Lunes, 02 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 01 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Os populares denuncian que o Concello "aprópiase de moitas pozas"

"Tampouco presentou papeis que recollan datos das parcelas municipais: extensión, perímetro, linderos, etc." explican dende o PP asegurando queisto é unha “chapuza” que "coloca 25 de xaneiro de 2019 aos veciños nunha situación de indefensión”

O PP de Salceda vota en contra da “apropiación de moitas das pozas dos regantes" no pleno extraordinario celebrado o martes no Concello de Salceda onde se debateu a aprobación do inventario de bens municipais, entre os que o goberno local incluíu ditas pozas “cuxos donos son os regantes, por uso, costume e tradición de décadas sen acreditar documentación algunha sobre a súa propiedade". “Estas pozas foron construídas polos veciños para que puidesen utilizalas para mellorar as súas colleitas. Están situadas sobre leiras privadas, polo  que o PP non vai ser cómplice deste atropelo en maiúsculas que deixa en desamparo aos regantes”, denuncia Santiago Rodríguez Davila, portavoz dos populares salcedenses, quen tacha de “expropiación en toda regra sen ningún procedemento”. Esta “manobra” do Alcalde, é intolerable.

 

O acordo saíu adiante cos votos a favor do Psoe, "a pesar de que o goberno local non avalou a propiedade destes terreos con ningún documento. Casualmente quedan fóra desta listaxe de pozas, aquelas cuxos veciños reclamaron como donos ós regantes, o resto directamente quedáronseas porque si”, apunta Davila.

 

Parcelas sen fichas técnicas de extensión, linderos, perímetro...

"Pero non só as pozas, entre a listaxe de bens municipais tamén se inclúen parcelas das que non se mostrou ningunha ficha técnica, como superficie, linderos ou perímetro, para que os propietarios lindeiros puidesen presentar as súas alegacións. Documentación da que o PP de Salceda non ten constancia de que exista actualizada". Para Santiago Rodríguez Davila, "isto é unha auténtica chapuza, cun expediente incompleto, a falta deses documentos, fichas técnicas...” que deixa nunha situación de “indefensión aos veciños afectados".

 

O PP de Salceda afirma "compartir o 80% do contido do inventario aprobado, no que se incluíu unha listaxe de fontes, parcelas e bens solicitados polos populares, pero asegura que o 20% restante que deixaron fóra, relativo á demostración, xustificación e información detallada das propiedades e as características de pozas e parcelas", é “fundamental” para poder votar a favor do documento.

 

“Non pode chegar o Concello e apoderarse dunhas propiedades das que non é dono, sen achegar ningún tipo de documentación ou explicación convincente, iso é propio de réximes ditatoriais, e ao Alcalde gústalle ese procedimento”, apostilou Davila.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.