Miércoles, 25 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 30 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación aproba achegas por 7,3 M€ para crear preto de 1.000 empregos

A presidenta da Deputación resaltou que “nestes catro anos de Goberno, co Plan Concellos, temos creado 5.792 postos de traballo nos concellos da provincia”

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a segunda relación de achegas por máis de 7,3 millóns de euros, (7.314.460,58 €), da liña 3 de emprego do Plan Concellos 2019, o que suporá financiación a 49 concellos da provincia para que poidan contratar a un total de 742 traballadoras e traballadores.

 

A presidenta Carmela Silva sinalou que “sumada esta relación á aprobada na anterior Xunta de Goberno e, a falta da aprobación do concello de Ponteareas, hoxe pechamos a liña de emprego do Plan provincial, que está dotada con máis de 9 millóns de euros”. Amais engadiu que “esta liña de emprego  do Plan Concellos 2019 vai permitir crear un total de 954 empregos en 57 concellos da provincia, xa que Valga e Catoira non solicitaron investimentos en liña 3 para pasar os cartos á liña 1 e 2”. A presidenta da Deputación de Pontevedra tamén subliñou que “nestes case catro anos de Goberno, co Plan Concellos, temos creado 5.792 postos de traballo para desempeñar diferentes funcións nos concellos da provincia”.

 

Máis polo miúdo, sobre o Plan Concellos 2019, Carmela Silva pormenorizou que entre os empregos creados este ano nos 56 concellos xa aprobados hai 236 empregos vencellados á construción, obras públicas e albanelería; 42 de peóns, operarios e servicios varios; 150 de limpeza e recollida de lixo; 180 de horticultura, parques e xardíns e medio ambiente; 77 de diferentes oficios como carpintaría, fontanería ou electricidade; 59 de persoal de oficinas; 45 vencellados á condución; 18 de animación e educación infantil; 36 de ordenanza e vixianza; 12 de axudas no fogar e traballo social; 23 de turismo; 26 de mantemento de edificios e infraestruturas municipais, e 6 de protección civil.

 

Investimentos por comarcas

Coas dúas primeiras relacións da liña 3 do Plan Concellos 2019, xa só a falta de completar os investimentos con Ponteareas, a comarca do Baixo Miño recibiu 860.764,96 euros para a creación de 77 postos de traballo; Condado-Paradanta, 866.131,83 € para 107 postos de traballo;  Val Miñor, 645.271,34 € para contratar 58 traballadores e traballadoras; O Deza, 957.843,15 € para 93 empregos; Tabeirós-Terra de Montes, 649.207,46 € para 52 postos de traballo; a comarca de Vigo, 1.024.110,93 euros para 116 empregos; O Morrazo, 659.365,39 euros para contratar a 89 persoas; O Salnés, 1.716.639,73 € para a creación de 181 postos de traballo, e para a comarca de Pontevedra, 1.326.915,65 € para 138 empregos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.