GALICIA
Conde: " aexecución das F-110 ten que ir ligada ao Plan Estratéxico de Navantia"
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, apunta que é preciso avanzar nesta folla de ruta para impulsar a competitividade mediante o rexuvenecemento do persoal, a formación e un plan de investimentos 4.0
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, incidiu onte luns durante un encontro organizado polo Club de Prensa de Ferrol en que a orde de execución das fragatas F-110 ten que ir ligada ao desenvolvemento do plan estratéxico de Navantia, para impulsar así a competitividade do estaleiro. Isto permitirá, sinalou, avanzar no rexuvenecemento do persoal e na formación, tanto en Navantia como nas auxiliares, un eido no que a Xunta xa investiu 15 millóns de euros.
A activación desta folla de ruta, tal e como indicou o conselleiro, tamén posibilitará contar cun estaleiro 4.0, no que a Xunta xa deu os primeiros pasos no 2015 coa Unidade Mixta de Investigación de Navantia coa Universidade da Coruña, que vén de prorrogarse e que en total supón un investimento de 5 millóns de euros.
O conselleiro cualificou de “oportunidade histórica para Ferrol e para consolidar o sector naval” o contrato das fragatas, que suporán un investimento de 4.325 millóns de euros, case 7.000 postos de traballo e unha década de carga de traballo para o estaleiro. O Goberno dilatou no tempo a decisión, que conta desde o mes de xuño con 252 millóns de euros incluídos nos orzamentos de 2018. Conde indicou así mesmo que o proxecto debe servir para abrir un novo escenario para o estaleiro, que ten que ser competitivo desde o punto de vista do proceso de produción e constituírse como un provedor de referencia para outros países.
Destaca que o contrato das fragatas é unha oportunidade histórica para a cidade e para que o sector se poida constituír en provedor de referencia para outros países
Na súa intervención, Francisco Conde demandou de xeito específico un plan de negocio e de actividade para Navantia Fene, en cuxa diversificación se vén traballando desde o 2015, e que se ten convertido nun socio de referencia no ámbito da eólica offshore. De feito, o responsable de Economía, Emprego e Industria sinalou que Navantia Fene é hoxe o reflexo de como a industria naval galega aposta pola diversificación, o que ten contribuído a que Galicia sexa actualmente a Comunidade que máis contratos ten en vigor, coa segunda maior carteira de pedidos de toda Europa, só por detrás de Holanda. Así, os estaleiros galegos contan con catro de cada dez contratos en carteira do total de toda España, que supoñen 750 millóns de euros de investimento e 4,2 millóns de horas de traballo.
O conselleiro apuntou que hai determinados factores que poden contribuír á desaceleración da economía, como poden ser o Brexit, as tensións comerciais a nivel internacional, ou a política enerxética, coa preocupación polo incremento do prezo enerxético dun 25% desde maio e as políticas con respecto ao diésel. Apuntou o conselleiro que desde o ano 2015 a cidade naval diminuíu en sete puntos o diferencial con Galicia en taxa de paro, pero aínda hai moito por facer para mellorar o mercado laboral, e así, a taxa de paro de Ferrol está 3 puntos por riba da media galega.
Orzamentos do Estado
Fronte a este contexto, os orzamentos do Estado, segundo o conselleiro, non teñen en conta a Galicia nin a Ferrol. Referiuse a proxectos concretos en relación a Navantia, ao non incorporar a partida para o recrecido do guindastre pórtico de Fene, que tiña unha plurianualidade de 8 millóns de euros, dos que 5 millóns estaban previstos para os presupostos de 2019, e tampouco a partida do dique seco cuberto. Tamén lembrou Conde que nos orzamentos estatais a renovación da liña A Coruña-Ferrol conta con 1,5 millóns de euros fronte aos 10 millóns do 2018. Tamén rexeitou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria a decisión do Goberno central de eliminar a convocatoria específica de axudas á reindustrialización para Ferrol, Eume e Ortegal. Apuntou que se seguirá reclamando este programa desde a Xunta, unha Administración que amosou solvencia en temas estratéxicos para Ferrol como o tax lease, a diversificación de Navantia Fene, a terminal de contenedores ou Reganosa.
Subliña que os retos de futuro para a comarca pasan por impulsar o naval e o hub de GNL, xunto coa colaboración institucional con iniciativas como os Concellos Emprendedores
Compromiso da Xunta
Neste sentido, o conselleiro subliñou que as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal supoñen o 5% do territorio e a poboación de Galicia e captaron o 14% dos proxectos de grandes investimentos do Igape, que entre 2009 e 2018 formalizou máis de 3.600 operacións na comarca por un importe superior a 290 millóns de euros cos que se mobilizaron 575 millóns. Ademais, nestes tres últimos anos apoiáronse diversos proxectos de emprendemento que supuxeron un investimento de 2,3 millóns. No encontro celebrado no parador ferrolán Conde afirmou que todas as políticas da Xunta teñen tres prioridades á hora de apoiar a dinamización empresarial: a dixitalización, os proxectos de innovación, como o estaleiro 4.0, e a formación, sinalando que a Xunta impulsou a inclusión de 32 novas especializades no catálogo estatal, das que seis son do naval.
Retos de futuro
No tocante aos retos de futuro para a comarca de Ferrol, o conselleiro apuntou que pasan por impulsar o naval e o hub de GNL, xunto coa colaboración institucional, apuntando que non é posible atender as necesidades da terceira área metropolitana de Galicia sen a cooperación co resto de administracións. Neste ámbito, puxo como exemplo iniciativas como os Concellos Emprendedores, un distintivo co que xa contan seis municipios das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal (Ares, Cabanas, Cerdido, Fene, Narón e Neda), polo seu compromiso para favorecer a chegada de empresas e o fortalecemento e competitividade do tecido empresarial.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22