Miércoles, 25 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 29 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Apróbanse as bases das subvencións para o deporte náutico e o deporte federado

A Xunta de Goberno provincial vén de darlle o visto bo a estas axudas, cuxo prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte da súa publicación no BOP

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases das subvencións a clubs deportivos da provincia para o deporte náutico no ano 2019, así como para clubs deportivos que participan en competicións federadas de ámbito nacional durante este ano. A presidenta provincial, Carmela Silva, explicou que ambas partidas suman 1.275.000 euros, aos que hai que sumarlles os 600.000 euros das subvencións aprobadas a semana pasada para clubs que participan en competicións de ámbito inferior a nacional.

 

As subvencións para o deporte náutico buscan apoiar a clubs deportivos federados de deporte náutico na tempada 2018-2019 ou na tempada 2019. O obxectivo é apoialos na súa participación en ligas e competicións oficiais de ámbito provincial, autonómico ou nacional, convocadas por federacións deportivas galegas ou nacionais. O importe total destinado a estas axudas é de 500.000 euros.

 

A outra convocatoria aprobada pola Xunta de Goberno diríxese aos clubs federados da provincia de ámbito nacional que teñan como mínimo un equipo participante na categoría sénior, así como a clubs que participan na 3ª división de fútbol. O orzamento para esta iniciativa ascende a 775.000 euros. A finalidade é axudar aos clubs na súa participación en ligas e competicións oficiais e ámbito nacional, convocadas por organismos ou federacións deportivas galegas ou españolas.

 

A concesións de ambas subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta criterios fixos e obxectivos recollidos nas bases de cadansúa convocatoria. Entre outros, téñense en conta o número de licenzas federativas, o número de categorías, o número de licenzas femininas ou a posesión de licenzas de deporte adaptado. O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOP.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.