Sábado, 27 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 02 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Nigrán Decide denuncia a falta de mantemento do sonómetro municipal

Imaxe dun sonómetro / ArquivoImaxe dun sonómetro / Arquivo

"O Alcalde negouse a contestar no Pleno de novembro á pregunta de NIGRÁN DECIDE sobre a data de calibración do sonómetro do concello, para facilitar despois información errónea no Pleno de decembro da corporación de Nigrán" explican

"Nigrán estivo máis de dous anos co sonómetro sen calibrar, entre o 2 de setembro de 2016 e o 2 de outubro de 2018, polo que durante este período de tempo non se puido realizar ningún control da contaminación acústica xerada por múltiples actividades, que resultan molestas para a veciñanza" segundo explican dende Nigrán Decide.

 

"Ante as numerosas queixas polas molestias que estaba causando o alto nivel de ruído xerado por determinadas actividades, algunhas delas promovidas polo goberno municipal ou algúns dos seus membros" explican dende  NIGRÁN DECIDE quen solicitou diversa documentación, entre a que estaba o certificado de calibración do sonómetro municipal.

 

"Na documentación facilitada o 10 de outubro de 2018, máis de un mes despois de realizar a solicitude, sinalábase que o sonómetro fora calibrado o día 2 de outubro de 2018, indicándose na súa remisión que non se enviara antes por estar o sonómetro en fase de verificación" segundo denuncian.

 

"O Alcalde negouse a contestar no Pleno de novembro á pregunta de NIGRÁN DECIDE, sobre a data de calibración do sonómetro do concello, para despois facilitar información errónea no Pleno de decembro da corporación de Nigrán" explican.

 

"Esta situación fixo pensar ao noso grupo municipal que o sonómetro enviouse a calibrar despois da nosa solicitude de información, polo que rexistramos o 18 de novembro, 11 días antes da celebración do Pleno dese mes, unha pregunta por escrito para coñecer a data da anterior calibración anterior á realizada ao do mes de outubro do ano 2018" aclaran.

 

"No Pleno de novembro, a pesar de existir a obriga de contestar as preguntas formuladas por escrito con máis de 24 horas de antelación, o alcalde negouse a contestar a pregunta, que reiteramos no Pleno de decembro. Neste Pleno, o alcalde contestou que a anterior calibración fora o 24 de setembro de 2018" aseguran.

 

Ante esta resposta, e dado que os períodos de validez destas verificacións son dun ano, "o noso grupo municipal solicitou esa certificación, confirmándose na documentación recibida que a anterior calibración era válida até o 2 de setembro de 2016. Polo tanto, entre esa data e o 2 de outubro de 2018 o sonómetro do concello estivo sen calibrar".

 

"Non cabe a posibilidade dun erro na contestación, pois na súa resposta non coincide nin día, nin ano, polo que, como aconteceu noutras ocasións, o alcalde volveu tratar de enganar ao máximo órgano de representación da veciñanza de Nigrán, que é o Pleno", sinala José Cuevas, voceiro de Nigrán Decide, para continuar indicando que "con estas actitudes, ponse de manifesto a baixa calidade democrática deste goberno", finaliza Cuevas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.