GALICIA
A Xunta participa na presentación do calendario solidario "A Unión dun pobo contra a Violencia de Xénero"
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, puxo en valor actuacións como estas, xa que a eliminación da violencia contra as mulleres é un reto de toda a sociedade
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou esta mañá na presentación do calendario solidario "A Unión dun pobo contra a Violencia de Xénero", da Asociación Mulleres en Igualdade Burela.
Susana López Abella puxo en valor actuacións como estas, xa que a eliminación da violencia contra as mulleres é un reto de toda a sociedade, unha tarefa conxunta que require unha actuación unitaria e a máxima coordinación, colaboración e cooperación. Para conseguir a súa erradicación é necesario a implicación de multitude de axentes, tanto desde o sector público como desde o privado.
López Abella indicou que é unha tarefa conxunta que require unha actuación unitaria coa máxima coordinación, colaboración e cooperación
Nesta liña, López Abella indicou que debemos impulsar na sociedade os cambios necesarios para previr a violencia sobre as mulleres e rexeitala de forma unánime. E indicou que agora co Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero todas as Administracións e institucións están unidas para seguir concienciando da necesidade erradicar completamente a violencia de xénero.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22