GALICIA
Galicia debate sobre a importancia da cooperación transfronteiriza para actuar ante desastres naturais
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia na reunión da Comisión de Asuntos Naturais do Comité Europeo das Rexións
A comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións celebrou onte en Bruxelas a súa primeira reunión do ano para debater a importancia da dimensión transfronteiriza na actuación ante catástrofes naturais. Neste sentido, o director de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, apuntou que, ante o número crecente de grandes incendios, é fundamental compartir a información e conseguir poñer en marcha protocolos de actuación comúns.
Como exemplo de boas prácticas Gamallo citou o proxecto ARIEM 112, no marco do Programa de Cooperación Transfronteriza Interreg España-Portugal (POCTEP), posto en marcha pola Axencia Galega de Emerxencias xunto con entidades de Castela e León e do Norte de Portugal, e recoñecido en 2016 como mellor proxecto europeo de Cooperación Internacional en materia de Emerxencias pola Asociación Europea do Número Único de Emerxencias (EENA). Entre as leccións aprendidas grazas a este proxecto destacou a redución das dificultades burocráticas, a eliminación das interferencias no espectro radiofónico dun país a outro ou incluso a equiparación do calibre das mangueiras. Elementos todos que permiten intervencións máis rápidas e eficientes en situacións de urxencia e nas que, recalcou, se debe seguir investindo e profundando. Neste sentido, resaltou que Galicia e o Norte de Portugal levan cooperando segundo as liñas marcadas pola Comisión Europea dende o 2013; converténdose en referentes en canto á coordinación entre centros operativos, vixilancia e seguimento de catástrofes naturais a nivel transfronteirizo.
Así, o texto debatido onte polos líderes locais e rexionais céntrase na importancia de que esta colaboración tranfronteiriza non exista unicamente como resposta aos desastres naturais senón que tamén se destinen recursos para poñer en marcha accións de prevención transnacionais.
Durante a reunión discutíronse outros temas coma a definición de alteradores endocrinos, as estratexias para acelerar as industrias marítimas ou enfoques estratéxicos para fomentar a innovación nas zonas rurais. Como é habitual, tamén se distribuíron futuros traballos dentro dos que destaca a asignación dun novo ditame sobre o futuro da Estratexia forestal da Unión Europea.
A Comisión NAT do Comité Europeo das Rexións
Neste mandato, Galicia participa nas comisións de Recursos Naturais (NAT) e na Comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX) do Comité Europeo das Rexións. A comisión NAT encárgase de temas como a Política Agrícola Común (PAC), o desenvolvemento rural ou a pesca.
O Comité das Rexións é a asemblea consultiva na que están representados os entes locais e rexionais da Unión Europea. En representación da Comunidade Autónoma de Galicia, o membro titular é o propio presidente da Xunta de Galicia, mentres que o cargo de membro suplente recae no director xeral de Relacións Exteriores e coa UE.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22