MOS
O Concello de Mos organiza un cruceiro pola Costa Atlántica e Mar do Norte
Os interesados en participar teñen ata o 13 de febreiro para inscribirse
Dende a concellería mosense de Participación Cidadá que dirixe a edil Julia Loureiro infórmase de que se atopa aberto o prazo de inscrición nun cruceiro pola Costa Atlántica e Mar do Norte.
Levarase a cabo do 27 de abril ao 4 de maio con paradas en Porland Dorse (Reino Unido), Cherbourg (Francia), Dover (Inglaterra), Ijmuiden (Amsterdam), e Malmo (Suecia).
O prezo inclúe traslado dende o Concello ao Porto de Vigo, 8 días / 7 noites de cruceiro no Buque Zenith da compañía Pullmantur, réxime de todo incluído, excursións a Cherbourg, Dover, Porland e Amsterdam, voo de Malmo a Vigo, traslado dende o porto ao aeroporto, taxas de porto e aeroporto, propinas a bordo e seguro de asistencia.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 13 de febreiro. Os interesados en obter máis información ao respecto poden chamar ao teléfono da Omix do Concello de Mos, 986 339 404.
O prezo da viaxe por persoa en camarote interior é de 1.120 € e en camarote exterior 1.200 €.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104